martes, marzo 10, 2015

1-TRAXECTORIA do OBRADOIRO CERÁMICO de NIGRÁN

Como pode ser que isto este  ocurrindo en pleno seculo XXI ?
Que unha escola-obradoiro como a do concello de Nigrán siga transumante e cun gran risco de desaparecer despois da sua larga e fructifera trayectoria ?

O mellor e ir desgranando parte da sua historia para os que non a coñocedes e sacade vos mismos as vosas conclusións.

Escomencemos polos inicios.


               ( Portada do catálogo editado na celebración dos 10 anos facendo Raku na escola)


            Nigrán é un concello que conta cunha estreita relación co material cerámico dende os inicios da súa historia, proba disto é a rúa chamada Telleiras, a zona denominada As Barreiras, a cheminea que se conserva no que é agora o recinto do cámping. E recentemente sabemos que nos tempos dos romanos había xa actividade cerámica grazas aos últimos descubrimentos arqueolóxicos nos que se atoparon restos dun obradoiro cerámico da época romana que nos indica que nesa área traballábase a cerámica e como consecuencia de todo isto dedúcese que Nigrán conta cun solo rico en arxilas e na manufactura da cerámica.

A escola-obradoiro do concello de Nigrán abriu por primeira vez as súas portas polo ano 1983. Nesas datas a concellaría de cultura estaba dirixida por D. Humberto Juanes Fidalgo, que foi a persoa que puxo en marcha unha iniciativa moi necesaria para a comarca do Val Miñor: Dinamizar a vida cultural e de lecer.
            Entre os proxectos postos en marcha por D. Humberto Juanes estaba o do obradoiro de cerámica situado na súa primeira andaina na antiga escola unitaria de Vilameán.

Os mestres ceramistas encargados de darlle vida a este proxecto foron Miguel Vázquez e Manolo Lagoa, que impartiron aulas tanto en Nigrán como en Camos. Daquela contábase con moi poucos medios para traballar, só algúns pauciños de modelar, algúns pupitres cedidos polo C. P. Vilameán que aínda hoxe se seguen a utilizar, e instrumentos básicos de traballo, pero o que non faltaba sen dubida era unha gran dose de ilusión e entrega a ese proxecto.

            Dous anos máis tarde, e debido á gran participación popular que houbo no obradoiro, o goberno municipal considerou oportuno mercar un forno de cerámica de 50 litros. O que supuxo o primeiro avance importante para o posterior desenvolvemento do obradoiro, xa que o forno é o cerne dun obradoiro onde se traballan as arxilas.

            En 1987 Miguel Vázquez e Manolo Lagoa deixaron de impartir aulas no concello de Nigrán pero hai que dicir que estes dous grandes profesionais seguen a estar estreitamente vinculados á escola de cerámica, Manolo Lagoa dende París e Miguel Vázquez dende a Escola de Artes e Oficios de Vigo, mantendo así unha relación de irmandade en beneficio principalmente dun oficio e unha arte tan antiga pero tan contemporánea como é a linguaxe cerámica e que precisa de todos os esforzos para devolver a este material, tan enraizado á historia do home, o lugar que lle corresponde, esquecido nalgúns lugares pola ignorancia e a desidia.

            En 1988, Emilia Guimeráns toma o relevo do traballo feito polos seus colegas atopando un espazo moi reducido en proporción co número de persoas inscritas no obradoiro, sendo os propios alumnos os que solicitan ao concello o traslado a un lugar máis amplo. O goberno político dese momento considerou a proposta recolocando a escola no barrio da Porqueira, onde había unha antiga unitaria escolar. Malia o novo emprazamento da escola ficar un pouco afastado do centro urbano, non supuxo ningún impedimento aos intereses das persoas; todo o contrario, o novo espazo ofrecía luz e sobre de todo un pouco máis de amplitude, estando nun barrio tranquilo onde a veciñanza sempre colaborou de forma xenerosa.

Estes son os inicios, nas seguintes entradas seguiremos contando..........

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A cultura está para sumar non para restar. Unha biblioteca é moi importante, pero non para cargarse outro ben cultural. Viva a escola de cerámica de Nigrán coa súa traxectoria e o seu bo facer durante todos estes anos. ESPERAMOS QUE OS RESPONSABLES CULTURAIS DE NIGRÁN NON SE CARGUEN A MEMORIA DESTE BEN CULTURAL. SERÁ A SÚA RESPONSABILIDADE. CADA UN COA SÚA CONSCIENCIA

Unknown dijo...

Muchos estaremos eternamente agradecidos a la escuela de cerámica de Nigrán, en mi caso bajo las enseñanzas de Emilia; personalmente me abrió puertas a distintas técnicas para poder desarrollarlas, mis limitaciones horarias me impidieron seguir en ella; solo hay que acercarse por ella para deducir que el buen ambiente que en ella reina solo es posible por una conducción ejemplar. Confío que el desarrollo de un bien cultural como es una biblioteca no sea a costa de destruir otro. R

Susana Rodríguez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Susana Rodríguez dijo...

Animo a todos os alumnos/ás que pasasen por esta escola, cóntenos todo o labor que se fixo desta escola. A ESCOLA É DE NIGRÁN NON DOS DIRIXENTES É DO POBO DE NIGRÁN

Eli Pastafangs dijo...

No se puede entender... siento pena y vergüenza ajena. Estamos gobernados por ignorantes :(