miércoles, marzo 18, 2015

3- TRAXECTORIA OBRADOIRO CERÄMICO NIGRÁN

No mandato do concelleiro de cultura do concello de Nigrán don Rosendo García Pérez propuxéronse novos enfoques que enriqueceron dunha maneira decisiva a programación, e que foron estudados, debatidos e finalmente aprobados nunha xuntanza polo alumnado, decidíndose organizar actividades complementarias á dinámica cotiá da escola, quedando as seguintes cuestións á marxe do transcurso normal da escola.

PROMOVER E DAR A COÑECER O MUNDO DA OLARÍA

OLARÍA DE GUNDIVOS



O 13 de Novembro do 1997 Obdulia Campoverde deleitou a todos os presentes co seu bo facer contando a historia desta olaría, que é a máis ancestral de Galicia, e amosou as distintas tipoloxías e utilidades que se fan e se facían en Gundivos.

 OLARÍA DE MEDER




O 13 de Febreiro do 1997 José Añón ensinou as orixes da súa olaría que esta preto das Neves (Pontevedra) e que moitos recoñecen por ter a cor mel e o fondo afumado.


OLARÍA DE BONXE


O 8 de Novembro do 2001 Indalecio Lombao, un dos últimos oleiros de Bonxe, vital e
entusiasta aos seus 80 anos, desbordou mestría no seu facer, aderezado con todas as historias
vividas.


OLARÍA DE NIÑODAGUIA

Agustín Vázquez explicou tamén a súa historia. A problemática que andan a vivir as olarías
nestes días, onde teñen que convivir con esta sociedade competitiva e globalizante.

OLARÍA ANTONIO SARMIENTO.



Antonio Sarmiento deu unha visión máis contemporánea do traballo co torno, el non é un
oleiro ao uso xa que non ten tradición, como é o normal nas olarías tradicionais, pero el
amosou a gran paixón que sente polo traballo realizado co torno dende outra perspectiva
máis moderna, realmente estimulante para todos os asistentes.


REALIZAR CURSOS MONOGRÁFICOS.

OBTENCIÓN DE MOLDES CERÁMICOS.





Impartido por Manuel Losada que foi o mestre moldista da fabrica de Sargadelos.


SERIGRAFÍA CERÁMICA.




Impartido polo ceramista escultor Miguel Vázquez.

Intervención colectiva dun mural cerámico



No ano 1999 todos os alumnos da escola de cerámica participan na construción colectiva dun
mural cerámico, forrando unha das paredes exteriores do taller.



CONSTRUCIÓN DUN FORNO DE PAPEL





 No ano 2000, codirixido por Miguel Vázquez e Emilia Guimeráns, durante dous días e coa
participación de todos os alumnos construíuse un forno de papel no que colaborou o colexio
publico de Vilameán deixando as súas instalacións para poder realizalo.


COCCIÓNS ALTERNATIVAS.




No ano 2001 realizouse durante unha semana un monográfico sobre coccións alternativas
impartido polo ceramista hindú Wali Hoves.

 DIÁLOGOS CON PROFESIONAIS DO MUNDO DAS ARTES

Considerábase interesante convidar a persoas relacionadas co mundo da arte para ter unha
visión aberta e máis rica na linguaxe plástica, relacionadas coa cerámica ou con outras
disciplinas artísticas, o que resultou unha proposta ben acertada xa que os alumnos
agradeceron os esforzos, pois non é fácil ter contacto con estas realidades na comarca de
Nigrán


 Foron invitados os seguintes:

Elena Colmeiro 


O 10 de abril do 1997, a artista galega Elena Colmeiro falou sobre as motivacións e
inquedanzas da súa creatividade. 

Miguel Vázquez


 O 5 de febreiro do 1998, Miguel Vázquez deu unha charla-coloquio sobre “Terras, lugares e
claves”.


Beatrijs Lauwaerts




O 12 de marzo do 2002 a artista Belga Beatrijs Lauwaert transmitiunos a súa visión sobre as
artes, sendo ela unha artista multidisciplinar.

Fernando Casas.




O 28 de febreiro o pintor e escultor Fernando Casas falou sobre a súa obra.

María Jesús Sarmiento.

O 2 de marzo do 2000 Mª Jesús Sarmiento, escritora e critica de arte, falou sobre “Un
movemento internacional. Expresión artística da cerámica “.


(E seguiremos na proxima entrada)
                                             

No hay comentarios: