lunes, junio 29, 2015

PAULA OJEA " CUT & FOLD"


Paula Ojea  Cut & Fold inaugura este jueves 2 de Julio a las 20h en un nuevo espacio expositivo EL CUBODELALOLA que esta en la calle Garcia Olloqui 7 de Vigo.

Paula  es la primera en estrenar este  espacio  ELCUBODELALOLA y la primera vez que  muestra sus trabajos que engloba en una colección que a llamado Cut & Fold ( nombre que le dará a su web cuando la tenga terminada ).

Su intención es hacer cerámica con un toque de ingeniería , de diseño de estructuras, como buena ingeniera que es recientemente ha abierto su taller en Vigo donde combina entre otras pasiones , la ingeniería y la cerámica. Un lujo , no os lo perdáis.

Vemonos y como  no, La bella Lola  ofrecerá un pica pica en la inauguración.


viernes, junio 26, 2015

EXPOSICIón na EMAO 2015. "O FEO"



Inauguración: 26 de xuño ás 19:00 horas
Datas: 26 de xuño a 26 de setembro de 2015 (agosto pechada)
Horario: laborables de 19:00 a 21:00 horas
Lugar: Espazo EMAO (entradas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Idea, produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

[Texto de presentación da Exposición]
Dentro da programación anual da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inclúese, ao remate de cada curso académico, a producción dunha exposición dos resultados materiais e simbólicos dun proxecto --proposto no claustro do profesorado- que, partindo dunha idea xeradora única, interpretada libremente, dea lugar ao despregue do traballo, imaxinación e saber facer dos distintos talleres.
Con esta idea son tres as edicións desta singular exposición de fin de curso dende que no ano 2011 se inaugurase o Espazo EMAO; primeiro foi Branco e negro, o pasado anoNovos produtos e O feo, neste.

Sobre a idea xeradora de “O Feo” agromaron os proxectos creativos, retos técnicos e obras concretas que agora amosamos. Trátase, novamente, da coidada exposición de creacións desenvolvidas coa participación do alumnado dos talleres a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, sempre asumida por toda a clase.

O FEO
Son feo… pero podo comprar a muller máis bela. Polo tanto, non son feo, porque o efecto da fealdade, a súa forza afuxentadora, queda anulado polo diñeiro. Segundo a miña individualidade son tolleito, pero o diñeiro procúrame 24 pernas: logo, non son tolleito... Acaso non transforma o meu diñeiro todas as carencias no seu contrario?.Umberto Eco. Historia de la fealdad
 
A estética é a parte do pensamento filosófico que ten por estudo a esencia e a percepción da beleza, entendendo como beleza, a armonía, a proporción, o agradable de ser visto, o que alimenta o espírito, en definitiva o que segue as normas establecidas. Todo isto non son máis que percepcións subxectivas e morais do belo, que veñen determinadas polo contexto en que se mostran. Polo tanto, podemos definir o feo como o antagónico do belo, pero se imos máis alá ás veces "o feo" agrádanos e  comprácenos; é entón cando se xera o conflito e descubrimos unha nova estética, a estética do feo.

Nietzsche, en "O crepúsculo dos ídolos" fálanos da diferenza entre o belo e o feo:
No belo o  home oponse a si mesmo como medida da perfección... O feo enténdese como sinal e síntoma de dexeneración.... A quen odia aquí o home? Non hai dúbida: odia a decadencia do seu tipo.

O amoral, o grotesco, o sinistro, o banal son conceptos traballados pola Arte ao longo da Historia, representando así todo aquilo contrario á mensaxe do cristianismo; así, demos, monstros, e demais personaxes do submundo nutriron a imaxinación de artistas como El Bosco. Saturno devorando os seus fillos ou as pinturas negras de Goya abren paso ás vangardas artísticas, desde o expresionismo ao cubismo; o kitsch como enxalzamento do pobre, o masivo, é un expoñente da posmodernidade.
Nesta exposición propoñemos un percorrido pola fealdade, desde o kitsch ata o feísmo galego, pasando polo grotesco e o obsceno; polo tanto, Pasen, vexan e xulguen que é o Bello e o Feo.

Idea, producción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios. Profesorado e alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo, Talla e escultura en madeira, Serigrafía, Cerámica, Moda e confección, Luthería antiga, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía do Coiro.

lunes, junio 22, 2015

POR LA MUSICA EN VIVO. XANCARAJAZZ


CAMISETAS XANCARAJAZZ.10€
Ante el cese de los conciertos en vivo en la sala Xancarajazz de Vigo por problemas legales y para recaudar fondos para el local y así ayudarles a seguir adelante y con futuros proyectos hemos diseñado esta camiseta. Para realizar una tirada coherente con la demanda nos ayudaría que, si estás interesado en adquirir esta camiseta, rellenes este formulario para tener una referencia de cantidades y tallas.
Los puntos de venta y recogida en principio estarán en Vigo
¡Muchas gracias!

    Diseño de Camiseta. Todas serán en negro impresas a dos caras

    A continuación de la imagen encontraréis los campos para indicarnos tallas

    Nombre

    Talla 
    En las de chica comenzamos por la talla M ya que las S de esta marca son muy muy pequeñas

Info en    https://es-es.facebook.com/XancarajazzVigo

miércoles, junio 17, 2015

Serigrafía Cerámica


Taller : Iniciación a la serigrafía cerámica.

Lugar : El TiNglAo

Días   : Del 7 al 9 de Julio.

Impartido por Miguel Vazquez.

Mas información en :  tinglao.obradoiro@gmail.com

martes, junio 16, 2015

TALLER ARTE + NATURALEZA



La Fundación Sales es un refugio natural de gran riqueza silvestre situado a las afueras de la ciudad viguesa. Un espacio exótico y romántico donde las relaciones arte y naturaleza pueden converger, florecer. El taller infantil de creación artística se plantea como una apuesta y complemento a las diversas actividades desarrolladas en la fundación, con un espíritu crítico e innovador. 

El jardín de la fundación, como espacio de ensoñación, será fuente de inspiración en el desarrollo de otras miradas sobre la relación del hombre y la tierra, en esa tarea del artista que es pensar con las manos. Realizaremos un recorrido del paisajista al artista, del jardinero al escultor, del proyectista al conservador, entre el biólogo y el agrónomo. 
Introducción:
Partiendo de la relación arte+naturaleza y teniendo en cuenta el entorno privilegiado en el que nos encontramos, las relaciones, interior-exterior, natural-artificial, arquitectura y paisaje, se intensifican. Desde el arte contemporáneo podemos jugar, experimentar e indagar en estas y otras cuestiones. Podemos crear, construir y proyectar, detenernos y observar el maravilloso espectáculo que nos rodea. 
Contenidos*: 
-Land-art. Arte+naturaleza. Intervenciones plásticas sostenibles en la naturaleza. 
-Observatorio del paisaje. Yo, las cosas y el mundo. La vuelta al romanticismo en el Jardín de Sales.
-Sinestesia o el mundo al revés: juego y ensoñación a través de los sentidos. El cuerpo como motor-receptor. Lienzo y pincel. 
-Poesía visual. La palabra como herramienta de transformación social: ecología y poesía. Maleta de ideas, textos, imágenes y objetos. 

*Para una información detallada del programa contactar con la Fundación Sales en el teléfono o email arriba indicados. 

miércoles, junio 10, 2015

COMA NA CASA, pazo de Tor



 Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido


Inauguración: sábado, 13 de xuño, ás 20.00 h.
De martes a domingo, visitas guiadas ás 11, 12:30, 16:30 e 18 h. Luns pechado.
Entrada gratuíta
Museo Pazo de Tor San Xoán de Tor
27591 Monforte de Lemos (Lugo)
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org
ARTISTAS
Os creadores e as creadoras participantes na mostra son de distintas xeracións e distintas disciplinas, algúns deles teñen traballado sobre o tema do íntimo e a outros preséntaselles a ocasión como un reto na procura de novos significados e realidades. O conxunto de obra trátase de pezas existentes, pertencentes a coleccións públicas e dos/as artistas.
ANXOS SUMAI, MÓNICA ALONSO, MARTA BRAN, JACOBO BUGARÍN, MÓNICA CABO, BOSCO CARIDE, CLARA CERVIÑO, ANDREA COSTAS, DAVID CRESPO FERNÁNDEZ, VICTORIA DIEHL, ALBA FANDIÑO, TAMARA FEIJOO, AMAYA GONZÁLEZ REYES, EMILIA GUIMERANS, BEATRIZ  LOBO, HUGO LÓPEZ AYUSO, MARTA LLORIA, CHELO  MATESANZ, CRISTINA RAMÍREZ, MONTSE REGO, JUAN CARLOS ROMÁN, MANUEL DE LA ROSA, EDUARDO VALIÑA, JORGE VARELA, XOSÉ VILAMOURE .
Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido
A realidade histórica e simbólica do Pazo de Tor constitúe o lugar ideal para deseñar e desenvolver unha exposición sobre unha tendencia seminal da arte contemporánea: investigar o pasado para entender mellor o presente. Observar, interpretar e afondar nos distintos niveis conceptuais e físicos dun lugar para tratar de abordar cuestións pretéritas que adormecen no noso imaxinario, pero que espertan e se activan ao entrar nun lugar tan especial como é o caso desta casa fidalga.
A exposición formula preguntas sobre as distintas capas que compoñen a existencia do Pazo de Tor, presentando distintos relatos en torno á visión da nosa propia historia e á historia do noso pasado, botando man dun catálogo de cuestións que lle atinxen á intimidade do ser humano, á esfera privada da humanidade, para pensalas en clave de futuro; posibilidades creativas vinculadas a un lugar concreto.
O título da mostra Coma na casa, persegue activar un dobre xogo sobre o que de positivo ten aquilo relacionado co refuxio e a construción (estar como na casa), pero tamén ilustrar un retrato dos cambios sufridos, do que ten de envés esa realidade. Vinte e catro artistas visuais, fiados a esta Casa mediante a escrita de Anxos Sumai, responderán á permanencia ou transformación de cuestións universais acerca do particular como: o medo, o sexo, a soidade, o amor, o azar, o desexo, o poder, a curiosidade, a violencia, o destino, o tempo e a familia, entre outras cuestións, mediante a intervención e convivencia das súas obras cos distintos obxectos, espazos, arquitectura e, incluso, coa propia musealización do Pazo, executadas coa intención do diálogo, da análise e da crítica.
Un percorrido transversal nos significados, nas accións e nos xestos que acompañan ás obras, á súa montaxe e á participación do público, xogando coa ambigüidade desde o cuestionamento, a ironía, a relectura, o humor. Tamén desde a óptica do relato ficcionado da literatura de Anxos Sumai, que nalgúns casos resumirá e noutros expandirá as liñas de traballo presentadas. Algúns dos artistas signifícanse no lugar mediante obras que exploran desde o presente; outros, en cambio, fano desde a creación de novos territorios que redistribúen tempos, símbolos e incluso rutinas. A complexidade dos discursos e as prácticas logran que a visita se faga multiplicando as lecturas e revelando artistas que non só pensan no obxecto físico senón tamén en termos de espazo, tempo e memoria, engadíndolle un relato máis á historia desta casa .
Presentadas no interior e exterior do Pazo de Tor, ben nas diferentes estancias domésticas ou ben no patio e alpendres exteriores, as obras da exposición foron cedidas xenerosamente polos e polas artistas así como polas súas galerías, se ben, nalgúns casos, a implicación foi máis activa coa proxección ex profeso de instalacións, intervencións, debuxos, textos e obxectos, que, moitas veces, buscan incorporar elementos, discursos e axentes da propia casa.
Esta exposición é un convite ao público do Pazo de Tor, que agudice a vista máis alá do presentado e pautado na casa, alimentando a curiosidade por atopar o pasado solapado polo presente e o futuro, como unha acumulación incesante de novas experiencias, en continua expansión.
Chus Martínez Domínguez, comisaria da exposición

miércoles, junio 03, 2015

VENRES no ESTUDIO


Temos o pracer de anunciarvos esta penúltima actuación dos venres no estudio, a cargo  dunha violinista con alma que xa coñecemos e un  extraordinario pianista que imos coñecer.

Como sempre, rogamos que -se o sabedes- nos comuniquedes a vosa asistencia para facernos unha idea de cantos imos ser.

Unha aperta.

Lurdes

lunes, junio 01, 2015

RESIDENCIAS BANANA en la PLATANERA

Cinco días, cinco artistas, una casa en una isla y muchas ganas.

Te diría que estamos rodeados de playas y un parque natural precioso, que es una isla marinera donde se come bien en cualquier lado, que nos gusta la gente, que es pequeña y tranquila , pero sobre todo, te digo que puedes aprender mucho sobre serigrafía artística y llevarte a casa tus propios productos. Que vas a encontrar a gente interesante, a vivir en mi taller y a conocer lo que hago y cómo lo hago desde dentro.

Talleres de serigrafía cerámica, textil y sobre papel además de un taller adicional de creación cerámica de la mano de Emilia Guimeráns. Todo esto con el alojamiento incluído por 290 € !



Nuevo programa actualizado y las fechas de las semanas para venir a disfrutar de las Residencias Banana! Máximo de 5 artistas por semana.
Corred a apuntaros que no queda nada Emoticono smile
Info y reservas: info@laplatanera.com
ELIGE TU SEMANA (pueden variar según las reservas)
* 16//06 – 20/06
* 30/06 – 04/07
* 14/07 – 18/07
* 21/07 – 25/07



Mas información https://es-la.facebook.com/LaPlatanera