viernes, marzo 13, 2015

2- TRAXECTORIA OBRADOIRO CERÁMICO NIGRÁN



                         
                                          mural cerámico feito por todos os alumnos 1996 .

O novo emprazamento (A Porqueira) permitiu programar outras actividades que rachasen coa dinámica cotiá do obradoiro. Así, a concelleira de cultura dese momento, dona Elisa Montero, impulsou e facilitou o I encontro cultural galego-portugués, no que se practicou durante unha semana a técnica do Rakú, de orixe xaponesa.

        Ese evento vénse celebrando ininterrompidamente dende hai 25 anos, sendo a escola-obradoiro de Nigrán a máis antiga en Galiza e unha das pioneiras en practicar e dar a coñecer esta técnica, consolidándose xa como unha técnica recoñecida dentro do estado español como “Rakú segundo Nigrán.”

     
                                                   (Primeiros anos do Raku según Nigrán )

            Esta semana do Rakú concello de Nigrán é hoxe en día unha realidade debido fundamentalmente á boa acollida que tivo esta técnica milenaria tanto polo alumnado da propia escola como por outras persoas alleas á mesma, relacionadas ou non co mundo da cerámica, que engaiolados pola vistosidade, inmediated, liberdade e o espírito de colaboración que implica para poder levala a cabo, foron creando un punto de referencia sólido para todos aqueles que colaboran con grande entusiasmo e se achegan a esa celebración cada ano.

            A este novo impulso do obradoiro engadíuselle outra necesidade lóxica dentro dun bo desenvolvemento, resultando que o forno quedaba pequeno para o número de xente inscrita. Co que os alumnos mais a profesora expuxeron o problema ao concello, o cal despois de estudar a necesidade mercou no ano 1996 un novo forno de 180 litros, un torno de oleiro eléctrico (nese momento a escola contaba con 3 e agora nestes momentos conta con 8 tornos, o que permite impartir clases de olaría, xa que ten moita demanda) e unha cabina de esmaltado  (imprescindible para pintar con pistola de aire).
           
            Este investimento mellorou notablemente o funcionamento do obradoiro, que pouco a pouco se ía dotando da maquinaria indispensable en calquera obradoiro que se prece e queira desenvolver unha boa docencia, aínda que precisando sen dubida de máis dotacións, para a mellora da docencia na procura dos mellores resultados para os estudantes.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias por la labor que se ha hecho y se hace desde la Escuela de Cerámica de Nigrán. Aún, con tan pocos horas semanales, es una escuela viva y con muchísimas personas con ganas de aprender y compartir.

Esperemos que no se carguen esta joya de bien cultural.

Susana

Estela dijo...

Coñecida e respetada nas escolas dos paises desta disciplina milenaria, como Xapón e China. Con dous dos seus mestres (a metade dos galegos membros)Elexidos pola Academia INTERNACIONAL de Cerámica como Membros da mesma. Pechar esta escola soio pode ser obra de Iñorantes, imbéciles, duros, escuros, etc. que tanto abunda na clase politica de delincuentes. Esperemos que antes que tarde os tempos sexan chegados e o Pobo de Nigrán impida esta barbarie.