O novo emprazamento (A Porqueira) permitiu
programar outras actividades que rachasen coa dinámica cotiá do obradoiro. Así,
a concelleira de cultura dese momento, dona Elisa Montero, impulsou e facilitou
o I encontro cultural galego-portugués, no que se practicou durante unha semana
a técnica do Rakú, de orixe xaponesa.
Ese
evento vénse celebrando ininterrompidamente dende hai 25 anos, sendo a
escola-obradoiro de Nigrán a máis antiga en Galiza e unha das pioneiras en
practicar e dar a coñecer esta técnica, consolidándose xa como unha técnica
recoñecida dentro do estado español como “Rakú segundo Nigrán.”
Esta
semana do Rakú concello de Nigrán é hoxe en día unha realidade debido
fundamentalmente á boa acollida que tivo esta técnica milenaria tanto polo
alumnado da propia escola como por outras persoas alleas á mesma, relacionadas
ou non co mundo da cerámica, que engaiolados pola vistosidade, inmediated,
liberdade e o espírito de colaboración que implica para poder levala a cabo,
foron creando un punto de referencia sólido para todos aqueles que colaboran
con grande entusiasmo e se achegan a esa celebración cada ano.
A
este novo impulso do obradoiro engadíuselle outra necesidade lóxica dentro dun
bo desenvolvemento, resultando que o forno quedaba pequeno para o número de
xente inscrita. Co que os alumnos mais a profesora expuxeron o problema ao
concello, o cal despois de estudar a necesidade mercou no ano 1996 un novo
forno de 180 litros, un torno de oleiro eléctrico (nese momento a escola
contaba con 3 e agora nestes momentos conta con 8 tornos, o que permite
impartir clases de olaría, xa que ten moita demanda) e unha cabina de
esmaltado (imprescindible para
pintar con pistola de aire).
2 comentarios:
Gracias por la labor que se ha hecho y se hace desde la Escuela de Cerámica de Nigrán. Aún, con tan pocos horas semanales, es una escuela viva y con muchísimas personas con ganas de aprender y compartir.
Esperemos que no se carguen esta joya de bien cultural.
Susana
Coñecida e respetada nas escolas dos paises desta disciplina milenaria, como Xapón e China. Con dous dos seus mestres (a metade dos galegos membros)Elexidos pola Academia INTERNACIONAL de Cerámica como Membros da mesma. Pechar esta escola soio pode ser obra de Iñorantes, imbéciles, duros, escuros, etc. que tanto abunda na clase politica de delincuentes. Esperemos que antes que tarde os tempos sexan chegados e o Pobo de Nigrán impida esta barbarie.
Publicar un comentario