jueves, marzo 26, 2015

4 - TRAYECTORIA OBRADOIRO CERÁMICA NIGRÁN


No ano 2002 a escola sofre outro traslado, sendo este nova emprazamento na escola-obradoiro de formación do concello na rúa Paradellas. Neste novo emprazamento as instalacións non reunían as mellores condicións para o traballo, ainda asi a actividade non paraba, nese mesmo ano decídese organizar o I encontro Internacional de Cerámica, concello de Nigrán co nome Japón cerca de Ti.

O I encontro trataba de ter seis talleres de diferentes técnicas traballando ao mesmo tempo. Isto quere dicir que 100 persoas, sen contar o persoal docente e de organización, estarían traballando xuntas.


 Os talleres que se impartiron foron os seguintes:


                           Rakú de alta temperatura, por Sonobe Genya.

                                  Caligrafía xaponesa, por Watanabe Yoko.

Mobiliario cerámico, impartido por Atshuko Ito

Ikebana contemporaneo, por Iesaka Ruriko

Coccións alternativas, por Wali Hawes.


                   Obxectos de uso en porcelana, impartido por Uga Kazuko

No ano 2003 Netty Van Den Heuvel, escultora ceramista holandesa, explicou parte do proceso que ela aplica para poder realizar as esculturas tan intricadas que realiza.

Netty Van Den Heuvel


Joan Serra e Mia Llauder
O 24 de abril do 2003, estes ceramistas cataláns falaron de toda a actividade que eles andan a desenvolver dende cataluña para dinamizar o mundo cerámico realizando a súa obra persoal, dirixindo as escolas de cerámica de Mataró “Ixio” e a escola municipal de Argentona. Son os grandes colaboradores do museo do Cantir e organizadores da Fira de Argentona.

                                                  Mia Llauder




                            Joan Serra



Seguiremos na seguinte entrada, gracias.


No hay comentarios: