Hai publicacións sobre arte contemporánea ás que, pola súa capacidade de circular a nivel internacional, de traducirse inmediatamente a diver-sas línguas e de seren comentadas en recensións periodísticas mundo a través, lles é conferida unha autoridade indiscutible. De tal xeito que estes medios de difusión tamén son instrumentos do poder da consagración artística.
Desde libros máis ou menos au-torizados, aos diccionarios de artistas best sellers da edito-rial alemá Taschen (tipo Art and the turn of the Millenium ou Art Now) ou ás burdas listaxes dos 100 mellores artistas vivos que anualmente publica a, tamén alemá, revista Capital coincidindo coa ce-lebración de Arco e, supoñemos, influindo nas compras que se efectúan en dita feria
Se consultamos calquera destos balances de “grandes artistas”, é apreciable a práctica exclusión dos que proceden do “terceiro mundo” fronte á casi omnipresencia de artistas de EEUU e de Europa Occidental. Dentro deste último bloque, Alemaña adoita ter un enorme peso, non só porque, xunto con EEUU, posúe un dos mercados de arte máis podero-sos a nivel interna-cional, senon porque moitas destas publicacións son alemás. Na maioría delas, non figura ningún artista español; o cal demostra algo obvio: que en Occi-dente tamén hai peri-ferias.
Alén destas notorias desigualdades, estas listaxes tamén intro-ducen a heteronomía no campo da arte, xa que deixan excluídos a artistas que de-berían ou podían estar, están outros que ben poderían non estar, e sitúan no mesmo nivel a valores non nivelables. Son, por tanto, instrumentos de poder que permiten intervir sobre a bolsa de valores artísticos.
Instrumentos que non só engañan aos máis ou menos profanos, senon que producen un efecto de creencia sobre os propios partícipes no campo da arte. Por exemplo, cando en Babelia se lles preguntou ás comisarias españolas da 51ª Bienal de Venecia se os artistas que apareceran na listaxe do Capital ían a estar presentes en dita exposición, contestaron: "No. Y yo estaba tristísima cuando la vi porque no tengo casi ningún artista de éstos" (María de Corral), e "Yo tengo alguno. De todas maneras, una lista de este tipo es una bofetada. Eso es la realidad." (Rosa Martínez). É dicir, na vez de denunciar a listaxe como un golpe de man dado no campo da arte, aceptábana acríticamente como “a realidade”. Nótese, de paso, como as comisarias falan dos artistas como se fosen cromos intercambiables.
Agora, acaba de sair unha publicación de Exit, “100 artistas españoles”, que, segundo nos din, “ordena y clarifica el panorama del arte español actual”, será imprescindible para os profesionais da arte e servirá para dar visibilidade á arte española no estranxeiro. O que é certo é que, como mínimo, acabará convertíndose nun manual de consulta para comisarios, coleccionistas, artistas, estudantes de belas artes, etc.
E qué nos clarifica esa selección de “los más destacados artistas españoles en activo”, feita por un comité de dazaséis críticos e comisarios do estado español, dous deles galegos -Pedro de Llano e Seve Penelas-?
Pois clarifícanos que os artistas son cromos descartables de acordo coa moda: artistas que foron promovidos en España e no estranxeiro, incluso chegando ás máis altas instancias de lexitimación, pasaron de case acaparar os espazos expositivos a desapareceren neste mapeado español. Supoñemos que os coleccionistas de tales cromos estarán, como mínimo, desconcertados.
E por se alguén tiña dúvidas, clarifícanos tamén que a política cultural galega é ineficaz para proxectar os artistas alén da Galiza, á vez que se nota a inversión feita en Euskadi para tal fin. Neste ranking figuran 22 artistas desta comunidade, a máis representada, seguida de Cataluña con 19, Madrid con 13, Andalucía con 12, Castilla-León con 7, Valencia tamén con 7, e Galiza, a par que Aragón, con 5. Cinco artistas galegos ainda computando a Ángela de la Cruz que, se ben naceu na Coruña, estudou e desenvolveu a súa traxectoria no estranxeiro. É típico de aquí, reivindicar a nacionalidade de artistas que nunca foron apoiados nin promovidos, unha vez que acadan o recoñecemento fora.
,
-A década prodixiosa-
O manual tamén clarifica que a arte galega só lles compete e interesa aos galegos. Mentras noutros casos non se dá a correlación crítico-artista segundo a procedencia xeográfica, no caso galego é total: Pedro de Llano ocúpase de Jorge Barbi e Ángela de la Cruz, mentres David Barro parece terse especializado nos “atlánticos”: Menchu Lamas, Francisco Leiro e Antón Patiño.
E, por se alguén se tiña esquecido, o libro clarifica que aquí se produciu un “milagre”; unha vez e non máis, como adoita acontecer cos asuntos milagreiros. Catro artistas nacidos na década dos 50 e que conseguiron ter repercusión fóra de Galiza, ainda sen poder contar coas infraestructuras artísticas que existen actualmente.
Parece que nin o Cgac, nin a Fundación Luis Seoane, nin o Marco, nin a Facultade de Belas Artes, nin o Centro Torrente Ballester, nin as galerías, nin os críticos e comisarios máis recentes tiveron incidencia algunha sobre os artistas de xeracións posteriores. Parece que non foron capaces de ter formado, difundido e lexitimado a artistas “destacables”. Porén, non correron a mesma sorte os críticos e comisarios galegos de posteriores fornadas, que sí acadan unha certa presenza.
Se a presenza destes no comité asesor da publicación non se deixa notar demasiado en cuanto a número de artistas galegos seleccionados, tampouco se atreveron a apoiar a artistas máis novos. Unha actitude un tanto conservadora. Ou é qué non existen artistas galegos nacidos na década dos 60, a excepción de Ángela de la Cruz, cun nivel equiparable a algún dos 37 artistas desa década recollidos no manual? Tampouco existe ningún nacido nos 70 que mereza figurar ao lado dos 10 artistas incluidos na publicación?
Mar Caldas
Truco del ventilador y la sábana mojada. Un artículo para blogger.com.
-
Para darse de baja click aquí
Buen día blogger.com,
Soy Emma Martin, redactora de Papernest y editora de la sección del blog
que se ocupa del apartado ...
Hace 4 meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario