CONVOCA A REDE SOCIAL GALICIA SUR
CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR
“ABRAZEMOS A GOTA DE LEITE “
TRAS A MORTE DE CINCO PERSOAS NO QUE NO VAI DE ANO NAS RÚAS DE VIGO, A REDE SOCIAL GALICIA SUR CONVOCA UNHA CADEA HUMANA AO REDOR DO EDIFICIO DA GOTA DE LEITE, O VINDEIRO MÉRCORES 18 DE FEBREIRO, ÁS 19 HORAS, PARA ESIXIR ÁS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS A CREACIÓN INMEDIATA DUN ALBERGUE PÚBLICO NA CIDADE.
A cidade de Vigo dispón dunha oportunidade inmellorable para atender a demanda urxente de atención as persoas sen fogar no emprazamento do edificio da Gota de Leite. Dende a Rede Social Galicia Sur consideramos que é a opción máis factible con menor custo e de posta en marcha máis sinxela e rápida, que atenderá con mellor calidade ás necesidades das persoas sen fogar.
A creación do albergue público xa foi aprobado en pleno municipal no ano 2004 e transcorreron case cinco anos e non se puxo en marcha a pesar de que a Xunta anunciou en repetidas ocasións a súa creación. Esiximos que, de inmediato, o Albergue sexa un proxecto de cidade independentemente de quen o lidere ou xestione e que non se converta nun expediente administrativo máis.
Na actualidade máis de 300 persoas malviven nas rúas de Vigo. A primeira cidade de Galicia, non pode permitirse que se repita o acontecido nestes meses, no que vai de ano morreron na rúa ao menos cinco dos nosos veciños/as.
Como movemento social non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.
Por iso convocamos a cidadanía viguesa á construción dunha cadea humana que abrazará o edificio da Gota de Leite como acto simbólico de apoio e reclamación da urxente necesidade de creación dun Albergue Público e Centro de Emerxencia Social na cidade de Vigo
Mércores 18 de febreiro as 19:00 horas
Na entrada principal da “Gota de Leite”
Ronda de Don Bosco, nº 1
Enviado por María Regueira
No hay comentarios:
Publicar un comentario