Dentro das actividades desenroladas no calendario da exposición temporal do proxecto ESCOITAR.ORG, no museo MARCO, vaise poder asistir a un concerto que dará o artista sonoro vigués Durán Vázquez. Artista electrónico que publicou o seu primeiro disco "Pigua, Megapigua" no 2003. Representante galego no festival Sónar de Barcelona no 2004, levou a súa música ao Festival LEM de Barcelona, a Galería Maus Hábitos de Porto ou o Festival SINSAL. Durán Vázquez é tamén compositor de bandas sonoras para cine. Actualmente é un dos artistas do Netlabel Alg-a, selo discográfico de Vigo con proxección internacional.
Data: venres 23 marzo
Lugar: Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Horario: de 19.00 a 21.00
Entrada libre ATÉ COMPLETAR AFORO (50 PERSOAS)
+ INFO
http://www.cronicaelectronica.org/
http://www.escoitar.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario