Comeza hoxe en Vigo o Festival ALT.o7 de Teatro e danza conducido pola temática das problemáticas mundiais e cotidianas. As actuacións localizadas poden consultarse na páxina dos organizadores (pulsa aquí). Hoxe témola actuación do grupo LOS CAFIOLOS no museo MARCO as 20:00 h, representando "Hamlet family"; e as 21:30 a representación de danza "As palabras nao ocupam espaço" e "Dis" a cargo do grupo MC4 DanÇa de Porto na Casa das Artes. O resto dos días seguiránse as actuacións mesmo na rúa e nos autobuses, coa colaboración do Centro Coreográfico Galego neste caso. Colabora musicalmente o Festival Sinsal de Vigo e a Sala Nasa de Santiago, e co cine coopera o instituto Goethe propoñendo a revisión de dúas películas de Bertolt Brecht.
O resto o podedes consultar nas páxinas da organización (pulsa aquí) ou do concello (pulsa aquí) .
Ter boa pinta a ten, de modo que feita a proposta se espera a resposta. Tratade de buscar tempo para asistir a alguna representación, inda que non vos provoquen euforia, as artes sempre deixan algunha semente no ánimo, e vades ver que a rutina e miñor. Ah, e aproveito pra lembrar que hoxe podedes sumarvos a apagón dos mobis como xesto de molestia pola próxima subida das tarifas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario