A MINEIRÍA ATACA TODA GALICIADEFENDÁMONOS!Galicia enteira está afectada: A Coruña (As Fragas do Eume, Corcoesto....), Lugo (A Terra Cha, A Fonsagrada....) , Ourense (Viana do Bolo, Quiroga, A Limia, O Ribeiro, Casaio ......... ) Pontevedra ( Forcarei, Vila de Cruces, A Groba, O Galiñeiro....).Son minas a ceo aberto buscando ouro, plata, cobre, tantalio, columbita, seixo, feldespato, andalucita, Terras Raras....En Corcoesto o método previsto para a extracción está prohibido na Unión Europea, pero aquí da o mesmo, pretenden utilizar cianuro! A expropiación faise forzosa e o precio do terreo, terreo en produción agricola e gandeira, márcano en pouco maís de un euro o metro cadrado. Se pasamos por esta aos demáis farannos o que lles pete.A Consellería de Industria co lema "Galicia é unha mina" e as empresas canadianas co capital suizo darán cabo de nós se non lles facemos fronte. Este é un ataque ao territorio sen parangón, un ataque a nós, un golpe de morte ao medio natural, é a destrución de centos de postos de traballo, é a anulación do noso desenvolvemento social.....Temos que opoñernos. Xuntas e xuntos podemos!MANIFESTACIÓNO DOMINGO 2 DE XUÑOEN COMPOSTELAÁS 12 DA MAÑÁN NA ALAMEDAVai o cartaz adxunto. (Tamén convoca a manifestación SOS Groba)Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.Custa 8 €, e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:
Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15. En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25 Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45 Na Praza de España (na parada dos autobuses) ás 9.50A volta é ás 4 da tarde.Por favor, reserva con tempo a túa praza.No teléfono 698 159 764 (Tereixa)No enderezo serradogalinheiro@gmail.com
Truco del ventilador y la sábana mojada. Un artículo para blogger.com.
-
Para darse de baja click aquí
Buen día blogger.com,
Soy Emma Martin, redactora de Papernest y editora de la sección del blog
que se ocupa del apartado ...
Hace 4 meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario