viernes, junio 11, 2010

HOMENAXE MONCHO REBOIRAS



O pasado ano 2009, despois de 34 anos o Goberno de España a través da lei da Memoria Histórica e a presión popular, ven de recoñecer ás vítimas da ditadura e, concretamente de rehabilitar a nivel institucional a figura de Moncho Reboiras.

Neste 35 aniversario, os amigos e amigas, familiares e as persoas de ben deste pais, sen exclusións, nin partidismos, queremos homenaxear a Xosé Ramón Reboiras que padeceu ilexitimamente persecución e violencia pola súa militancia política que motivaron a súa morte en Ferrol o 12 de agosto de 1975, cando tan só contaba con 25 anos.

Invitámoste a asinar o MANIFESTO-HOMENAXE que podes atopar na páxina web pica aquí..

Arte salvado from Revista FronteraD on Vimeo.

No hay comentarios: