Miguel Paz Catering convoca este concurso para estimular a creación no mundo da cerámica e a súa relación coa gastronomía.
BASES
Primeira. Establécese un único premio de 300 € ao gañador/a do concurso.
Segunda. Todas as pezas presentadas deben ter como motivo o contenedor culinario.
Terceira. Poderán participar, tanto individual como colectivamente, ceramistas residentes na península ibérica, presentando un máximo dunha obra.
Carta. A obra ten que poderse inscribir nun cubo de 30 cm. de lado.
Quinta. As obras presentadas virán acompañadas dun sobre pechado dentro do cal figurará: nome completo do concursante, enderezo, teléfono e DNI así como unha imaxe da peza en papel co título no reverso. No exterior do sobre figurará o título da obra, e tamén o prezo da mesma.
Sexta. As pezas remitiranse a: Miguel Paz
Rúa Menéndez Pelaio 36, semisótano. Vigo, 36211.
Tfno. 649106050
Data tope de entrega: xoves 5 de marzo de 2009
Os envíos poderanse realizar por correo ou axencia. Tamén se poden facer entregas en man de 11 a 14 h. desde o 19 de febreiro ao 5 de marzo.
Sétima. É responsabilidade do autor o traslado da peza e o seu axeitado embalaxe, pois este será reutilizado pola organización para a devolución das obras por axencia, se así fose solicitado. Os gastos de traslado antes e despois da exposición corren a conta do concursante.
Oitava. Designarase un xurado que seleccionará as pezas para ser expostas e otorgará o premio. O 6 de marzo as 21:00 horas terá lugar a inauguración e daráse a coñecer o fallo do xurado. A exposición permanecerá ate o 31 de marzo. A peza gañadora pasará a ser propiedade da organización. O premio nunca poderá ser declarado deserto. O xurado resérvase a opción das mencións honoríficas que considere oportunas.
Novena. Tomaranse as máximas precaucións de custodia e conservación, pero o local non se responsabiliza do posible dano que poidan sufrir as obras durante o transporte e a permanencia no local, incluíndo o periodo de exposición.
Décima. As normas e condicións deste concurso entenderanse aceitadas polo mero feito de participar nel. Non obstante, para todo aquelo non especificado nestas bases ou calqueira dúbida que derivara da súa interpretación, a organización reservase a expresa e exclusiva competencia ao respeto.
3 comentarios:
Alabados sean los mecenas, que a la tierra se acercan.
o cacique roxo
Miguel Paz Catering, necesitamos mas locos como tu,
OLE ¿quien dijo crisis?.
Canarias.
gracias miguel por tu interés.
a ver si conseguimos entre todos consolidar un concurso de cerámica en nuestra ciudad, por modesto que sea. y sobre todo, espero que consigas estimular la cretividad de todos los ceramistas, profesionales o amateurs que se presenten al concurso.
¡¡¡larga vida a miguel paz catering!!!
Publicar un comentario