domingo, diciembre 02, 2007

GALERÍA: DALE CHIHULY



Éche así de espetacular él. Ten un punto hortera nalgunhas das súas creacións, pero hai que recoñecer que tenche leria o traballo de Dale Chihuly, e outras son dunha finessa incríble. Non é da cerámica pero o primo vidro é da familia do lume, así que ahí vai. Xa sabedes que isto vai fundamentalmente de cerámica pero somos unha troula moi variada, como o grupo que formamos Vigo e Nigrán. Ala!, seguide flipando.




Levo unha hora mirando vídeos deste home en Youtube e se vos digo a verdade hai algo no arte yanqui que non deixa estar nin de broma o raio do sono americano, ten ese idealismo de fantasía, esa imaxinación alelada, inocente que, senón é un pouco, é de todo parva. Sen embargo o miras de primeira e son como fogos artificiais, é tamén unha festa, sempre e cando non tire pro cursi, pro lindo. Quedas coma un neno, non se atura moito o xaleo, as coreciñas nin o zucre pero se non votas por fora non hai festa, iso é verdá. Procurei elixir un variado de traballos seus que non sexan tan cargantes. Para tódolos públicos, ahí o está, o pirata cristaleiro. A páxina é eterna así que armádevos de paciencia.

1 comentario:

emilia dijo...

Este Pirata se lo monta a lo grande, no en vano vive en Estados Unidos y ya se sabe que todo allí es la mayor parte de las veces excesivo.

Lo que mas me atrae es a los retos que este loco del vidrio se enfrenta y da gusto ver como flipa y lo que es capaz de conseguir con este material magmatico y de una tradición tan antigua.
Sobre la estética de sus trabajos es lujurioso ,excesivo y muy barroco en el mal sentido de la palabra. Para mi lo mas importante en este caso es el proceso y lo que le impulsa a hacerlo.