viernes, febrero 03, 2017

MERCADO SOLIDARIO, 11 de FEBREIRO

Envíovos o cartel relativo a xornada de solidariedade cos refuxiados en Grecia. Temos impresos algúns exemplares gracias á colaboración de Fernando Penas, de Garpe infografía. Dende o día no que se fixo foron engadíndose novos artistas donantes de obra, entre eles Javier Teniente, Javier Aguilera, Judith adataberna, Federico Fernández..... Tamén poñeremos á venda rifas para o sorteo da obra pictórica que fará o Colectivo Bachanca en directo o propio día.
Se queredes donar algún obxecto de segunda man para poñer á venta, ainda estades a tempo. Mañán, xoves día 2 de febreiro, estaremos pola tarde no local á vosa disposición, de 16 a 19 horas. Tamén andaremos por alí, as tardes do xoves e do venres da semana que ven. Xa sabedes, calquera dúbida chamade ao 649106050.
Temos feito un esforzo importante recollendo obras de todos os autores coñecidos por nós; agora vos pedimos que fagades difusión do evento, avisando a todos os  posibles compradores.
Difundide ao máximo para recaudar ao máximo !!! Ana Mirou e Oscar García marcharán para Grecia o día 17 de febreiro.


Unha aperta!
Lurdes.

No hay comentarios: