jueves, octubre 01, 2015

OS SERÁNS da PRAZA CHAO, Vigo



Con moita ilusión van presentar o vindeiro Venres 2 de Outubro as 22h Os SERANS DA  PRAZA Eduardo Chao, a dous dos grupos mais comprometidos tanto na experiencia escénica que mostran nos seus concertos como nunha cuidada produción das súas propostas..
Por unha banda Cinta adhesiva, proxecto literario-musical, que sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñíz e os textos de Silvia Penas van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse. Incluso ás veces o recitado convértese en canción.
Por outra banda os engargados de abrir Os seráns na praza , seran Pequeno Camarada (Formato dúo de Camarada Nimoy) .O pequeno formato é unha experiencia máis electrónica e experimental de temas as veces fora do repertorio, ou versións non feitas pola banda ao completo lonxe de ser unha pequena adaptación acústica do grupo. Non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Spock en Star Trek.


No hay comentarios: