Hai tempo que desexabamos unha actuación de Blanca Palomar quen este curso marchou para Segovia. Preséntanos este proxecto colectivo no que Ailén fará a narración do conto da Sirenita, musicado con pezas de Shuman (piano a catro mans: Palomar & Rejas) e proxección de acuarelas realizadas por Marta Román para o mesmo.
O menu: pastel de carne (opción vegetariana), puré de pataca e menestra de verduras. Mouse de chocolate, arroz con leite e salsa de mango.
Por motivos de planificación rogamos que reservedes antes do xoves.
Con moita ilusión van presentar o vindeiro Venres 2 de Outubro as 22h Os SERANS DA PRAZA Eduardo Chao, a dous dos grupos mais comprometidos tanto na experiencia escénica que mostran nos seus concertos como nunha cuidada produción das súas propostas..
Por unha banda Cinta adhesiva, proxecto literario-musical, que sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñíz e os textos de Silvia Penas van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse. Incluso ás veces o recitado convértese en canción.
Por outra banda os engargados de abrir Os seráns na praza , seran Pequeno Camarada (Formato dúo de Camarada Nimoy) .O pequeno formato é unha experiencia máis electrónica e experimental de temas as veces fora do repertorio, ou versións non feitas pola banda ao completo lonxe de ser unha pequena adaptación acústica do grupo. Non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Spock en Star Trek.
Las Escuelas de Cerámica de Nigrán y Vigo comparten en Barbotina noticias e intereses. Es un blog abierto de modo que si quieres publicar una noticia en Barbotina sólo tienes que enviar desde tu correo un mensaje a oeufdecanard.publicar (arroba)blogger.com, y será publicado al instante (tan sólo se revisará en cuanto a agravios o ausencia de firma). Para ponerte en contacto con el equipo de barbotina escribe abarbotina2oo7 (arroba)yahoo.es