No 2004 a escola trasladase de novo, pero esta vez e para a delicia de todos, o concello decide crear
un espazo específico para a escola-obradoiro de cerámica pensando nas áreas
necesarias para un bo desenvolvemento da escola como eran:
-espazo de traballo manual
-espazo para a olaría
-un espazo para a cabina de
esmaltado e pintado
-un espazo para a investigación
das cubertas cerámicas
-un espazo para os fornos e as
pezas en proceso
-un espazo de almacenamento de
materiais e utillaxe
-un espazo limpo para biblioteca,
debuxo e deseño
-un espazo para obtención de
moldes, así como aseos
O proxecto levouse a cabo,
construíndo unha pequena nave ampla, con luz e todas as áreas necesarias, con
proxección de futuro.
E no mesmo ano celebrase o II
encontro Internacional de cerámica concello de Nigrán, Namasté, vistos os bos
resultados do primeiro, decidiuse levar a cabo un II encontro Internacional.
Emilia Guimaráns ( mestre de cerámica no concello de Nigrán) e Miguel Vazquez ( mestre de cerámica da escola EMAO de Vigo) xunto con Wali Hoves viaxan á India
por razóns profesionais e tendo bos contactos cos ceramistas deste país, a
cultura da India parecía moi atractiva para todos. Estamos a falar dunha das
culturas máis antigas do mundo, se a cultura xaponesa era interesante por
razóns tan obvias como que a cerámica para eles é considerada como unha das
artes máis importantes, tendo como tesouro nacional un vol de cerámica, non
menos importante era ter relación coa cultura hindú como unha das nais da
civilización.
O II encontro Internacional de
Cerámica concello de Nigrán, Namaste-India consistiu no seguinte:
Taller de marionetas, impartido por Dadi D. Pudumjee
Taller de fundición tribal.
Taller de táboas hindús, impartido por Naveen Kumar…
Taller evolución no torno, impartido por Madhur Sen.
A participación especial do gran mestre
Pallaniappan
No ano 2005 invitouse e se
proxectaron os seguintes vídeos:
- Japón cerca de ti e Namaste India contando coa presenza de Xosé Fernández.
- O 29 de marzo Isao Artigas
falou sobre a obra do ceramista Joseph Lloréns Artigas e presentou a película
documental Artiga. La obra queda, el hombre desaparece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario