Hoxe nace "Recuperar os Barrios". Unha iniciativa de ECOAR))) que pretende protexer e recuperar o patrimonio cultural, histórico,
artístico e natural dunha comunidade que se atopa ameazado por procesos especulativos, así como dignificar a memoria colectiva e as diferentes persoas que o constrúen e o habitan.
O BARRIO DO CURA é, xunto á PANIFICADORA, un dos alicerces sobre os que se constrúe a historia e a identidade de Vigo. O Concello de Vigo, en connivencia coa Xunta de Galicia, vén de aprobar un plan especulativo que supón acabar con esta parte da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario