jueves, octubre 31, 2013

UMA HORA A MAIS #4






A exposición Uma hora a mais #4 – Aproveitar o tempo está integrada por artistas que cursaron o Máster en Prácticas Artísticas Contemporáneas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Porto.
As obras expostas participan da noción contemporánea de “campo expandido”, distanciándose das ríxidas categorías displinares e explorando os paradigmas espaciais do “white cube” e da “black box”.
A mostra inaugurouse o martes 29 de outubro, na Sala X. Poderase visitar até o 8 de novembro. Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

miércoles, octubre 30, 2013

HALCÓN MILENARIO


O Halcón Milenario inaugura o xoves 31 de outubro

Esta vez O Halcón Milenario trae a alguén que é un dos grandes referentes musicais para os que aman o Rock & Roll e a música popular en xeral. Este músico mítico ademais é un excelente artista plástico e deseñador gráfico. Trátase de Víctor Coyote Aparicio. En "GIRA DE POSTERS" recompílase unha serie de marabillosos carteis da súa xira como músico, nas que Víctor demostra uns enormes dotes como ilustrador e debuxante; son carteis ou posters cargados de emoción, de cor, de forza visual e de sensibilidade plástica.
A traxectoria musical de Victor Coyote é longa. Empezou nos anos 80, o momento en que estalaba a "Movida madrileña". Os Coyotes, o grupo do inquedo Víctor, declararon inaugurada a escena punkabilly da época, para, tres anos despois, destruír esa reputación a base de ritmos latinos e teorías panamericanistas.
Os Coyotes disolvéronse no ano 1991 e Víctor comezou unha carreira en solitario caracterizada polo que xa defendera no grupo: a incoherencia musical máis coherente.

lunes, octubre 28, 2013

A ARTE TEN XENERO ?


A Arte ten Xénero? Xornadas sobre Xénero e Creación artística

Dirixidas a
Creadoras e creadores en xeral, estudantes e profesorado de todos os ámbitos artísticos, público en xeral interesado na arte ou no xénero.

Datas
4, 5 e 6 de novembro de 2013

Inscrición Gratuíta

Lugar
Fundación Laxeiro
R/ Policarpo Sanz, 15, 3º, Vigo
Tlf: 986438475
(De luns a venres, de 10 a 14,00 h)
info@laxeiro.es 

Dirección: Dolores Ruiz, escritora, máster en xénero, Universidade de Vigo.
Coordinación:  Ignacio Pérez-Jofre Santesmases, artista, profesor titular da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Programa
Luns 4, de 19  a 21 h A arte ten xénero? Marco conceptual
Martes 5, de 19 a 21 h Canon e creación: o difícil valor da diferenza
Mércores 6, de 19 a 21 h Xogamos co xénero. Traballo cunha obra propia ou allea

BEATE ANDERSEN









jueves, octubre 24, 2013

LA MESA de ALFAR



Este sábado 26 de Outubro as 21:00,
A ceramista Eli Moretó preséntanos a sua
proposta para La Mesa de Alfar.
Contamos con vos.


Páxina de Facebook de Alfar: https://www.facebook.com/Alfarvigo

Páxina de Eli Moretó: http://elimoreto.blogspot.com.es/

martes, octubre 22, 2013

EMAO PROXECTOS 2013



Este venres, 25 de outubro, inaugúrase unha nova exposición no Espazo EmaoEmao Proxectos 2013, son algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2011-2012 e que, ao longo do presente ano, materializaron a súa proposta inicial. 


Annick Tapernoux






jueves, octubre 17, 2013

JUAN ORTIZ



Fundación Laxeiro
se complace en invitarle a la inauguración de la exposición
Trabajos verticales
de
Juan Ortí,
que tendrá lugar el próximo
viernes, 18 de octubre a las 20.00h.
Trabajos verticales es la tercera entrega del ciclo Entre mares, un proyecto de intercambio realizado en colaboración con Collblanc, espai d’artde Castellón y se completa con la exposición del artista Tono Carbajo en Collblanc.

FABIOLA MECÍAS


YOLO performance de Fabiola Mecías

aborda la evanescencia del tiempo, las dimensiones de la imagen y la importancia de la vivencia con el lenguaje poético del cuerpo y la palabra.

Sábado 19  a las 19h en Extramuros. Colisións Polipoéticas. A Coruña

Comezará cunha mesa redonda arredor do tema da Herdanza, 
e as 20h empezarán as performances, recitais.


http://fabiolamecias.com/