miércoles, octubre 30, 2013

HALCÓN MILENARIO


O Halcón Milenario inaugura o xoves 31 de outubro

Esta vez O Halcón Milenario trae a alguén que é un dos grandes referentes musicais para os que aman o Rock & Roll e a música popular en xeral. Este músico mítico ademais é un excelente artista plástico e deseñador gráfico. Trátase de Víctor Coyote Aparicio. En "GIRA DE POSTERS" recompílase unha serie de marabillosos carteis da súa xira como músico, nas que Víctor demostra uns enormes dotes como ilustrador e debuxante; son carteis ou posters cargados de emoción, de cor, de forza visual e de sensibilidade plástica.
A traxectoria musical de Victor Coyote é longa. Empezou nos anos 80, o momento en que estalaba a "Movida madrileña". Os Coyotes, o grupo do inquedo Víctor, declararon inaugurada a escena punkabilly da época, para, tres anos despois, destruír esa reputación a base de ritmos latinos e teorías panamericanistas.
Os Coyotes disolvéronse no ano 1991 e Víctor comezou unha carreira en solitario caracterizada polo que xa defendera no grupo: a incoherencia musical máis coherente.

No hay comentarios: