miércoles, enero 16, 2013

CABARET de TITÁN

Cabaret de Titán pon en marcha de novo os motores dende 0... ou neste caso dende I


Porque vós pedides e nós cumprimos... que os xoves non gustan porque hai que ir a traballar? pois actuamos o día oficial do vissio. 

Si señores! CABARET PARA TODAS E TODOS AGORA OS SÁBADOS!!!

Unha volta máis dende o principio para os que aínda non nos víchedes, e para os que vos quedou tan lonxe o capitulo I que queredes repetir... ou tripitir.

CABARET DE TITAN CAPITULO I
Sabado 19 de xaneiro
No café de Catro a Catro, Rúa Gerona número 16
Prezo 5€
Hora 21:00 a 23:00
Pilar Titán e a súa trouppe presentan un cabaré do máis macarra e ó máis puro estilo dos anos 20... ofrecémosvos unha visión ácida dos problemas da nosa sociedade, durante dúas horas de música, baile, teatro, maixia e moito moito humor. ¡E atención! porque este é so o primeiro dos 5 capítulos que poderedes ver neste local.

No hay comentarios: