Concertazos da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (OMEGa) á tiro de pedra ou de tomates!!!
Será este vindeiro 18 & 19 de maio no Teatro Ensalle de Vigo (Rúa Chile 15) ás 22:00 hrs, xusto despois do Día das Letras Galegas e antes do alineamento cósmico e o eclipse anular previsto para o domingo 20 por astrónomos e astrólogos de todo espazo-tempo como un momento excepcional.
O venres 18 a OMEGa preséntase desarticulada en 7 formacións nas que se exploran diferentes achegamentos á improvisación sonora en pequenas e medianas formacións de carácter variado e variable.
O sábado 19 teremos o placer de presentar de novo á OMEGa ao vivo, dirixida polas ideas propostas e traballadas por diferentes músicos da Orquestra nestes últimos tempos, como una pequena mostra do enorme potencial e a riqueza que atesoura un proceso colectivo de descoberta como é a creación sonora espontánea.
Música improvisada baixo conducción xestual sustentada na atención mutua, na incertidume do instante e na confianza plena no presente continuo.
Entrada: 9€.
Dous días: 12€
Moitas grazas pola atención.
Agardamos difusión, reenvío e a vosa presencia física ou virtual calquera dos dous días ou ambos se sodes da casa-causa.
|
Truco del ventilador y la sábana mojada. Un artículo para blogger.com.
-
Para darse de baja click aquí
Buen día blogger.com,
Soy Emma Martin, redactora de Papernest y editora de la sección del blog
que se ocupa del apartado ...
Hace 4 meses
No hay comentarios:
Publicar un comentario