jueves, diciembre 17, 2009

PILAR FERNÁNDEZ REY


ARAMIOS INVISIBEIS.
O vindeiro venres 18 ás 20 hs terá lugar a inauguración da exp. ARAMIOS INVISIBEIS, da artista redondelana Pilar Fernández Rey. O longo dunha veintena de obras, gravados e acrílicos, a artista realiza un interesante alegato en contra da intolerancia e a falta de liberdade, unhas alambradas da conciencia que hai que romper.
A mostra se completa co TERCEIRO TALLER DE GRAVADO ILLA DE SAN SIMON , que se celebrará na mesma sala de exposicións do 11 ó 15 de xaneiro, impartido pola gravadora e Xabier de Sousa.

Existen aramios invisíbeis por tódalas partes que separan sentimentos, encadean o noso pensamento, coas contradiccións e impiden que nos expresemos libremente, moitas veces por medo a ferir, outras por un amor-odio que pode cinguirnos á máis rabiosa violencia..., os pechos do bienestar que non deixan ver mais alá... O arame de espiño pode estar engarzado en brillantes ou pode cravarse na conciencia deixando brota-lo sangue da cobardia lentamente..., hai que corta-los aramios, hai que vence-los medos....ou doutro xeito, endexamais saberemos como amence ó outro lado.


O amencer é posible.............

Máis información tlf 661257879
ORGANIZA CAMPO DAS REDES PARA CONCELLERÍA DE CULTURA, CONCELLO DE REDONDELA

Enviado (Nota de prensa)

No hay comentarios: