Concerto "Resonancias Ontolóxicas", de
CARLOS SUÁREZ, dentro do ciclo de actividades paralelas no MARCO do proxecto
ESCOITAR.ORG. Nesta ocasión presentase a composición "O Pulso da Ponte"; unha mostra dos resultados obtidos na acción realizada polo colectivo Escoitar na ponte Vella de Lugo (Ponte Romana), dentro das actividades do Festival "Artesons".
Compositor e etnomusicólogo nado en Ourense, Carlos Suárez emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galicia en 2005. En 1986 comeza o seu traballo como compositor de obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela iniciáronse en 1989, principalmente nas áreas culturais indíxena e afrovenezolana, facendo gravacións e estudos sobre a bioloxía acústica das zonas visitadas (paisaxes sonoras). Durante dez anos traballou como investigador para FUNDEF, Fundación de etnomusicología y folklore, e FINIDEF, Fundación internacional de etnomusicología y folklore. No ano 2006 gaña o Premio Nacional de Cultura polo seu libro Los chimbángueles de San Benito. Foi becado varias veces polo LIEM (o Laboratorio de Electrónica e Informática Musical do Centro para a Difusión da Música Contemporánea do Museo Reina Sofía) para a composición de obra electroacústica. Como compositor ten realizado máis de 40 concertos. "Resonancias ontolóxicas" é un conxunto de composicións que este artista creou a partir das sonoridades recompiladas durante as súas investigacións en Venezuela.
Data: venres 20 abrilLugar: Museo MARCO, Espazo Anexo (praza peonil posterior) Horario: ás 19.00Entrada libre ATÉ COMPLETAR AFORO (50 PERSOAS)