miércoles, noviembre 22, 2006

Sobre a Escola de Artes de Vigo

Son alumno da Cerámica na Escola de Artes e subscribo as críticas ao novo plan. Das catro horas semanais (en dúas sesións de dúas horas) pasamos a tres horas máis unha dunha materia optativa (a dedo). O máis absurdo e antipedagóxico é que agora temos unha sesión no taller de cerámica dunha hora, na que hai que cambearse, porse a traballar e volver a cambearse.....É, como digo absurdo, estresante...¡cabreante!

Parabéns polo blog, creo que vai ser moi útil.

Saúdos

Xosé Manuel

4 comentarios:

Anónimo dijo...

As escolas son de aquelas persoas que queren adquirir coñecementos. Non dos que as dirixen, polo tanto as opinións dos alumnos son tan importantes como do resto dos organismos que a forman ( profesorado, administracion, dirección). Temos que erguer a nosa voz e exisir os nosos dereitos.

oeuf de Canard dijo...

Gracias a todos por comezar a participar no blog, que como sabedes naceu coa intención de se converter nun taboleiro de libre concurso de todos vos, principalmente dos alumnos de Vigo e Nigrán, pero tamén logo do mundo adiante. Deste xeito fomentamos o debate, intercambiamos opinións e información, e saímos da apatía ou confusión na que prosperan as especulacións dos xestores da escola, e do Concello na parte da que é responsable. Con respecto o "xenio" que nos acomodaron na escola no cargo de director substituto (do cal desgraciadamente trocará en "oficial" dada a recente defunción de Armesto), é consabida a súa ineficacia para o cargo que desempeña, no cal se abstrae do diálogo co seu entorno impoñendo medidas que ignoran por completo as singularidades e necesidades de cada taller, dándolle así o golpe de gracia que "necesitaba" a escola. Pola experiencia que temos, creo que é unha persoa coa que é inútil debatir, posto que vindo a súa actitude, non só arrasa a xa dende tempo desencaixada organización da escola de artes e ofícios, se non que fai de cortiña de fume para extraviá-las reclamacións de tódolos sectores da escola. Quen o colocou no cargo sabe perfectamente que de paso que o saca do medio no Concello, vai provocar o encallamento do incómodo barco da escola contra as rochas, por non sei ben qué escuros propósitos (sinceiramente). Non comprendo nunca as descaradas mentiras e desvaríos do noso arrivista Concello, pero neste caso colocar a este ex-profesor sen méritos de xestión nin de ningún outro tipo que andaba errático polo departamento de informática do Concello no cargo de DIRECTOR da Escola e máis que unha declaración de intencións, é a liquidación.

oeuf de Canard dijo...

Por certo, cando fago alusión o elemento involucrado ou responsable da colocación deste lumbreira no cargo me refiro a López-Chaves, se alguén tiña dubida, ou anda perdido nestes laberintos do "levo tempo sen enterarme de nada". A Corina mejor dejarla "pa" otro día.

Anónimo dijo...

Son alumna da escola do segundo ano (xa que nos cambiaron o nome dos cursos e xa non sei si estamos en perfecionamento ou que)lle vou chamar segundo e listo, porque xa sabemos dos desvaríos da dirección e que con esa sapiencia que o caracteriza, estase a cubrir de "jloria bendita".Non o dubidedes o Sr.Director é un iluminado,con mayúsculas, e nós uns necios que non queremos ver esa humildade ,ese tendernos a man para que axudasemos en todas esas melloras, que el coa sua cabeza ben pensante e un arroxo guerreiro, esta disposto a construir.En fin, que seguimos estando ahí, con cousas pendentes tan importantes como a problematica d@s alumn@s de primeiro e a sua complementaria-obrigatoria.Non sei se houbo resposta o comunicado que se enviou por esta causa.Hai uns cantos días,dende logo non había.Pasoume a información a nosa delegada Paula.Os de primeiro,son @s maiores afetad@s,terán que facerse oir e non aceptar un silencio por resposta, e dende logo coido qe moit@s de nos estamos dispost@s a apoial@s.Non coido que recen chegadiño coma está, e ademais rebotado de outros lares,a saber porqué , (medo me dá)..lle interese publicidade negativa e alumn@s en pé de guerra.A saber...abur.Maica