PECHAMOS O CHARENTON
Ola amig@s! Lamentamos dicirvos que vemonos na obriga de pechar o noso local
autoxestionado. Deixamos un edificio referente do asociacionismo de principios do século
XX que fixeron labregos unindose para mellorar condicions de traballo e ter un espazo
comun. O noso proxecto devolvia o uso do espazo á xente cunha oferta que ia desde
clases de danza do vientre, zumba, baile swing, ata obradoiros de musica electronica,
teatro, danza contemporánea, encontros de artes gráficas, cine musicado, presentacions
literarias, mercadinos, rutas en bici pola Senda da auga e logo sesions vermu...
Funcionaba con socios (800 aprox), traballaba conexions con Portugal na programacion
de artistas internacionais e un longo etc. Contaba cunha acustica privilexiada (como
recordo disto quedará un disco do grupo Soul Jacket entre máis cousas) onde un
escenario modular cun sistema de iluminacion e unha pantalla, facian posible crear unha
distribucion e unha escenografia diferente para cada intervencion. Cada actuacion
mostrábase distinta e única baseándose nas preferencias, necesidades ou no análise do
que ali ia acontecer.
A cidade está perdendo sangue (por exemplo o recente peche do Xancarajazz). O estado
actual das cousas e dificil en canto a solicitudes, licencias, lexislacions, burocracia, e
dificultades que sofren colectivos que deciden desenvolver unha actividade cultural ao
marxe da maquinaria institucional. Queriamos ser autosuficientes, dar unha oportunidade
en condicions a proxectos peculiares e un uso dun espazo de valor historico desde e para
a xente. Tivemos eventos interesantisimos co local cheo e como non, tamen baleiro.
Nun concerto aparece a policia pedindo papeis, cousas que agora poderiamos presentar
e outras que nos din mesmo no concello que non temos a obriga de ter. Un vecino que
ninguen conece chamara a policia sen falar previamente ou despois con nos
(adaptariamos horario ante a queixa de alguen). Nese concerto a policia fainos baixar ata
a esaxeracion o volume sen medidor dicindo que poderian incluso desaloxar o local.
Tinamos un problema que solucionar e decidimos enton cortar a programacion musical,
actividade moi importante para nos. Para tentar arranxalo, programamos o mes seguinte
con moitisimas cousas sen musica, con novas ideas. Comprobamos que dese xeito e
inviable seguir e a incerteza deixanos anulados para as confirmacions de futuras
actuacions.
A partir de aqui vineron moitisimas xestions para ver a viabilidade legal e poder facer todo
o que estabamos a facer ali e que ninguen puidera impedilo. Os procesos necesarios
levarian tempo, cartos, revisions, aceptacions tecnicas, etc, e o peor, nada garante
despois de todo isto (co gran esforzo economico que non saberiamos ben como enfocalo)
que realmente si puideramos levar a cabo a actividade que leváramos inicialmente, sen
que unha chamada dun vecino volvera a poner todo patas arriba.
Non pensamos que o motivo sexa o vecino, a vecinanza está contenta con nos, é a
lexislacion que permite que un proxecto asi vaia abaixo por unha chamada de alguen.
Pero sabedes? seguiremos coa nosa asociacion dun xeito ou doutro.
E agora que?
Pois agora precisamos de vos. Imos cun mes de despedida do máis intenso que
podamos. Precisaremos a colaboracion de musicos e xente que nos bote un cable para
poder levar adiante este mes, e mercadinos para vender todo o material, mobiliario, etc,
que hai dentro.
Agradecemos difusion e queremos unir forzas coa xente que lle pasara algo parecido.
Non pode ser isto de poner impedimentos a quen quere desenvolver actividades deste
tipo. Falaremos cos companeirxs que ofrenceronse a botar un cable. Dixemos varias
veces ante estes ofrecementos grazas e nada máis, pero agora imos precisar de vos e de
toda a xente que estea disposta a que polo menos, poidamos dar unha despedida a isto á
altura do que foi a breve traxectoria do Charenton.
Grazas de corazon!! agardamos que nos comprendades, a colaboracion para nos e algo
admirable por parte de quen a leva adiante.
Charenton Club Cultura
Asociacion sen ánimo de lucro.