Para os que non o tedes claro, poñemos o programa do obradoiro, Iniciación o debuxo de obxetos.
Pode que sexas artesán ou deseñador, ou simplemente che gustaría mellorar os
teus recursos de debuxo para esbozar as túas ideas.
O debuxo precisa de práctica, como escribir ou
cociñar… pero solemos frustrarnos porque non nos ensinaron a resolver os problemas
do principio, ou nos faltan algúns consellos para usar un pincel ou un lápiz.
Unhas poucas nocións de representación son
básicas para converter un pensamento en algo visible, para que disfrutes da
práctica e coller soltura. AInda que penses que non sabes coller un lápiz.
DATAS: 25, 26 e 27 de Xuño
HORARIO: de 16:30 a 20:30 h
IMPARTIDO POR: Jorge Pérez Conde
LUGAR: tiNGLão Obradoiro Cerámico
PROGRAMA DO CURSO
1º DÍA. PLANTEXAMENTO DUN DEBUXO
Presentación
Materiais básicos do debuxo. Lápices e tipos
de papel.
Cómo coller un lápiz.Trazo e mancha.
Encaixe dun boceto e proporcións.
Alzado e planta dunha figura.
Simplificación das formas.
Acotación (cómo indicar medidas).
Sombras e luces (o ABC do volumen).
2º DÍA. TÉCNICAS PLÁSTICAS E VOLUMEN
Tinta, pincel e pluma. Rotulador e bolígrafo.
Trazo e manchas a liña (tramas e punteado).
Coller un pincel.
Aguada de tinta e acuarela (disolución, escala
e degradados).
O volumen a mano alzada. Representación
axonométrica.
A elipse e outras formas.
3º DÍA. LINGUAXE PLÁSTICA E INICIACIÓN A
PERSPECTIVA
Repaso de técnicas e outras posibilidades
plásticas (collages, pintura, café…)
Sección dunha figura (corte transversal).
Iniciación á perspectiva (cónica). Espacios e
obxectos.
Representar a profundidade. Chans axedrezados.
Remate do curso e solución de dúbidas.