viernes, diciembre 26, 2014
jueves, diciembre 18, 2014
tiNGLão de INVERNO
"Queremos convidarvos a coñecer o tiNGLão Obradoiro Cerámico.
Para iso este domingo ofrecémosvos un aperitivo con algúns dos mellores artesáns e creadores que coñecemos, nesta exposición e venta dos seus traballos no noso taller.
O aperitivo corre da man dun deles, Ángel Parov, ben coñecido entre nós polas súas riquísimas preparacións.
A mostra terá lugar o vindeiro domingo día 21 de decembro dende ás 11:00 da mañá ata as 20:30 do mediodía, no tiNGLão Obradoiro Cerámico (Camiño interior da Seara 16-18).
Nela poderemos disfrutar e adquirir creacións de xoiería cerámica de Marta Armada, cerámica ilustrada de Neomys (Marta Miñambres e Bernardo Zilletti), pezas cerámicas de Ángel Parov, debuxos de Peri e fotocerámica antiga do mesmo tiNGLão (Emilia Guimeráns e Jorge Pérez).
Recibide un saúdo cordial polas datas, agardamos por vós nesta xornada de portas abertas inaugurando o inverno.
Un consello: O camiño da Seara non ofrece un aparcamento doado, e os aparcadoiros de Rúa Coruña e Centro Comercial Camelias son bastante caros. A zona menos complicada para aparcar é entre Gran Vía e Praza da Independencia, pola rúa Xerona. "