Miguel Paz convoca este concurso para estimular a creación no mundo da cerámica e a súa relación coa gastronomía.
BASES
Primeira. Establécese un único premio de 300 € ao gañador/a do concurso.
Segunda. Todas as pezas presentadas deben ter como motivo o contenedor culinario.
Terceira. Poderán participar, tanto individual como colectivamente, ceramistas residentes na península ibérica, presentando un máximo dunha obra.
Carta. A obra ten que ter unhas dimensións máximas de:
30 cm. alto x 30 cm. ancho e 45 cm. longo.Quinta. As obras presentadas virán acompañadas dun
sobre pechado dentro do cal figurará: nome completo do concursante, enderezo, teléfono e DNI así como unha imaxe da peza en papel co título no reverso. No exterior do sobre figurará o título da obra, e tamén o prezo da mesma.
Sexta. As pezas remitiranse a: Miguel Paz
Rúa Menéndez Pelaio 36, semisótano. Vigo, 36211.
Tfno. 649106050
Data tope de entrega:
venres 12 de marzo de 2010Os envíos poderanse realizar por correo ou axencia dende
o 1 de marzo ate o día11. Tamén se poden facer entregas
en man o día 12 dende as 18 as 22 horas.Sétima. É responsabilidade do autor o traslado da peza e a súa axeitada embalaxe, pois esta será reutilizada pola organización para a devolución das obras por axencia, se así fose solicitado. Os gastos de traslado antes e despois da exposición corren a conta do concursante.
Se o 24 de xuño non se recolleron as pezas, a organización daralles o uso que considere oportuno.Oitava. Designarase un xurado que seleccionará as pezas para ser expostas e otorgará o premio. O 13 de marzo as 21:00 horas terá lugar a inauguración e daráse a coñecer o fallo do xurado. A exposición permanecerá ate o 1 de maio. Dadas as características do local, o horario das visitas será concertado por teléfono (620559248). A peza gañadora pasará a ser propiedade da organización. O premio nunca poderá ser declarado deserto. O xurado resérvase a opción das mencións honoríficas que considere oportunas.
Novena. Tomaranse as máximas precaucións de custodia e conservación, pero o local non se responsabiliza do posible dano que poidan sufrir as obras durante o transporte e a permanencia no local, incluíndo o periodo de exposición.
Décima. As normas e condicións deste concurso entenderanse aceitadas polo mero feito de participar nel.
Desde aquí felicitamos y agradecemos a Lurdes y Miguel su entusiasmo desinteresado en estimular la creatividad.