Entón acabou o ano. Houbo de todo. Quizáis pareza, ou sexa, que andáramos un pouco espallados. Pero inda que quedaran cousas no tacho, fixéronse outras que ninguén imaxinara. ¿Que anda algún apaxaretado? tempos de axustar os tornos. ¿Perdeuse algún rumbo?, atopáronse portas agochadas. As raíces dunha árbore, ao medraren... ¿se dispersan ou abranguen máis terra?. Xa avisáramos o comezo do ano que éste do porco (2007) ía verter un pouco co leite. Imos ter que abrir un apartado predictivo... penso.
E vou muda-lo ton para non vos asustar coa miña turra esquizoide... o caso é que estou aquí para presenta-lo rexistro gráfico da despedida do xoves pasado. Xa avisara, conste, e o que avisa.... eesato: non é traidor (vexo que estades atentos). Así que... foi boa a festa, ¿non é?, a pitanza boa tamén ¿ou qué?, concertiño co pasarrúas, algunha birriña... moito visio e o que hai. ¡¡Pois, ahí o vai!! (pulsade aquí). Agora podedes ver algunhas fotiñas, e, para desmayo dalgúns e votar a rolar doutros, poñemos eiquí, o pe do texto, un vídeo (non podo evitar certo sorriso malicioso) con algunhas actuacions vosas dignas desta pequena homenaxe. Unha foto vai dedicada en especial para Demo (aquí a dereita), xa terás a túa copia en papel, conta con elo. Pero eu de vos non perdería ripio co vídeo. Saúdos a todos, chamade cando queirades e recordade que BARBOTINA non pecha no verán, igual algúns días, pero para á velocidade á que metemos comentarios nesta páxina, non custa nada mantelo ritmo, a verdade. E ainda pode que teñamos alguna axuda nova, non se sabe. E nada máis, chamade cando queirades e calquera cousa escribide a barbotina2007@yahoo.es.

Unha aperta.