"ARTE, CIUDAD Y BIENALES: La Habana, Panamá, Liverpool". Mañá xoves, 1 de Febreiro, as 20 horas na Casa das Campás, Rua de Don Filiberto 9-11 (detrás do edificio do Concello de Pontevedra) 36002 Pontevedra.
Gerardo Mosquera é crítico, comisario e historiador da arte. Curador adxunto do New Museum of Contemporary Art, Nueva York. Asesor da Academia de Belas Artes do Estado de Holanda. Membro dos consellos editoriais de varias revistas internacionais. Fundador da Bienal de La Habana. Recibíu a Beca Guggenheim, Nueva York, en 1990.
Entre as súas últimas exposicións:
Liverpool Biennial International 2006; "Cordially Invited", BAK y Museo Central de Utrecht, 2004
"Panorama da Arte Brasileira (Desarrumado). 19 Desarranjos", Museu da Arte Moderna, Sao Paulo, 2003, MARCO, Vigo, 2005
"No es sólo lo que ves. Pervirtiendo el minimalismo", Centro Reina Sofí, Madrid, 2000
"Cildo Meireles", New Museum, Nueva York, 1999.
Organizou e participou en numerosos simposios internacionais. Publicou máis de 600 ensaios e artigos en moitos países. Entre os seus últimos libros: ciudadMULTIPLEcity. Urban Art and Global Cities: an Experiment in Context, Amsterdam, 2005; Over Here. International Perspectives on Art and Culture, Cambridge e Londres, 2004; Beyond the Fantastic. Contemporary Art Criticism from Latin America, Londres, 1995; Contracandela, Caracas, 1995.