A
FUNDACIÓN LAXEIRO
convida ás nenas e nenos máis pequenos da familia á inauguración da exposición:
Unha... dúas... tres... que conto é o que ves?
de
CRISTINA F
venres, 17 de febreiro, ás 19.00h.
Fundación Laxeiro. R/Policarp Sanz, nº 15, 3º. Vigo
Merendola dun bocata de 5 metros
No acto de inauguración Cristina F convidará ás nenas e nenos a un bocata xigante
Cristina F (Salamanca, 1962) leva dúas décadas facendo relatos infantís. Contos que ela escrebe e ilustra, creando mundos singulares que só poderían saír da súa imaxinación.
Esta exposición amosa os traballos de ilustración que a artsita leva facendo dende hai case vinte anos e está dirixida especialmente ás nenas e nenos máis pequenos da familia. Por iso a hora de inauguración é ás 19.00h., porque Cristina F agasallará aos convidados cun bocata xigante de cinco metros e falará do seu traballo, ademais de animarnos a intervir na exposición, participando na realización de ilustracións e debuxos que poderemos pendurar ao carón dos debuxos de artista.
Esta proposta nace da importancia que paulatinamente vai tendo o públco infantil nas actividades da Fundación Laxeiro, nas que participan uns 3.000 nenas e nenos ao ano, dentro do noso programa de actividades didácticas que este ano se víu ampliado coa edición do libro para colorear titulado As aventuras de Laxeiro, ilustrado polo vigués Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario