LA MESA, espazo disposto
no medio da nosa tenda, ALFAR, para divulgar a innovación na cerámica
utilitaria, comeza unha segunda edición.
E ALFAR non pode estar máis satisfeito de iniciar este novo ciclo que
ofrecéndolle o escenario a un recoñecido profesional dos nosos eidos, que tanto
mallou por difundir o cariño pola cerámica como docente; e pola anovación e a
mestizaxe cultural como facedor. Esta potencia morna é a natureza que marca o
traballo de MIGUEL
VÁZQUEZ, unha forza temperada que se agocha na
finura das liñas, ou no amizoso aspecto das texturas e na índole dos materiais.
Nesta segunda edición de LA MESA, Vázquez amosa por primeira vez ó público
a sua faceta como ceramista de obxetos utilitarios.
Qué máis dicir ten
que a mesa está posta e o viño a airear, e que contamos con vós o próximo
sábado, 18 de febreiro, ás 21 horas.
Saúdos cordiais e ata entón.
5 comentarios:
---me mata la 'spectaCióNNºººº**
como sempre non nos defraudou. un traballo exquisito. os que non estivestes na inauguración, aconséllovos pasedes por alfar, paga moito a pena.
GRAN TRABAJO, MIGUEL !!! Me gusto mucho tu mesa, el ambiente cálido que se generó al rededor de ella y Alfar como siempre grandes anfitriones, no falto de nada , el concierto en directo que nos sorprendió a todos puso la nota emotiva a la inauguración de la II edición de LA MESA.
GENIAL
Un puntaso Migueliño!!! coma sempre.
Me gusto mucho y me lo pase de puta madre.Como dice el calamar un puntaso. Duas testas
Publicar un comentario