lunes, octubre 31, 2011

ArtisAS


En esta exposición aparentemente só as une o feito de seren mulleres, porque as súas obras son heteroxéneas e diversas tanto no contido como na estética. 26 mozas, das moitas que saen cada ano das facultades, que buscan o seu oco no mercado laboral e no complicado mundo da arte. Tócalles visibilizarse e situar as mulleres no lugar que lles corresponde como artistas e que lles foi negado durante séculos, un tarefa para a que contan co respaldo da Universidade, a través da Unidade de Igualdade. O instrumento elixido, AristAS (Proxecto de Visibilización das Obras Artísticas das Alumnas da Facultade de Belas Artes) ofrécelles a posibilidade de presentar publicamente as súas creacións, moitas delas inéditas, nun espazo alleo ao circuíto artístico habitual, como é o campus de Vigo. Para a Universidade, pioneira en España na creación dunha Unidade de Igualdade, “é prioritario acadar a igualdade plena de modo transversal e integral”, e iso inclúe o ámbito artístico e cultural.

Mais información eiquí.

No hay comentarios: