Mostrando entradas con la etiqueta MARCO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MARCO. Mostrar todas las entradas

jueves, abril 24, 2008

MÚSICA PARA PLANTAS



Este venres 25 de abril, ás 20.00, a música tradicional galega chega ás salas do MARCO da man do gaiteiro Evaristo Alejos 'Alex' e de Luis Correa 'O Caruncho' (zanfona e percusión)
Un novo concerto da serie MÚSICA PARA PLANTAS, que terá lugar nas salas de exposición do 1º andar, no invernadoiro do artista Peter Coffin (exposición PARAÍSOS INDÓMITOS)
Gracias como sempre pola vosa colaboración na difusión desta actividade, e un cordial saúdo.

Evaristo Alejos Magallanes ‘Alex’ empezou a interesarse polo instrumento da gaita galega no ano 1988 a través de Manuel Solla, compoñente do histórico grupo “Os Cruceiros”. En 1994 é membro fundador da banda de gaitas “Nevoeira” do Círculo Cultural de Candeán, dirixida por Ernesto Campos. Nese tempo, participa como gaiteiro da Rondalla do mesmo centro acadando varios premios nos concursos de rondallas da cidade de Vigo. Gaiteiro do grupo “Lembranzas galegas” (2002), dos grupos tradicionais “Os Folieiros de Lavadores” e “Os Tunantes”, e membro fundador do grupo de música tradicional “Os Crótalos”. Actualmente imparte clases de gaita e percusión en varios centros culturais de Vigo e arredores, e colabora como músico na representación da Festa da Reconquista e Os Maios de Vigo.

Luis Correa ‘O Caruncho’ iníciase na aprendizaxe da gaita galega en 1989, da man de Maximino Souto Vaqueiro. Foi fundador dos grupos “Millaradas” e “Os Carunchos”, e con estes últimos grabou os discos ‘Ala que vai’ (1998), ‘Sen tempo non era’ (2002) e ‘Montealegre’ (2005). Participa na recuperación activa da Regueifa galega facendo espectáculos en directo, e fundamentalmente obradoiros nos centros de ensino. En 1997 interésase pola zanfona e aprende a tocar asesorado por Xosé Manuel Fernández e Mª Xosé López, membros do grupo “Músicas”, impartindo actualmente clases deste instrumento. Participa en varios proxectos didácticos para escolares por toda Galicia. Colabora cos grupos “Os Folieiros de Lavadores” e “Zurrumalla”, e actualmente é membro fundador dunha nova proposta tradicional, “Os Crótalos”. Actualmente está inmerso na elaboración do cuarto disco de “Os Carunchos”, traballo que compaxina coa impartición de aulas de música e canto tradicional.


sábado, noviembre 10, 2007

MARCO CUMPLE 5 AÑITOS


Esta es buena, no os riáis pero el MARCO no cierra en dos días. ¿A qué se debe este desmedirse y este fiesteo de los feligreses de esta cofradía tan devota?: A QUE CUMPLE CINCO AÑITOS!.
Bueno, yo lo suelto y vosotros véis lo que os apetece. Durante dos días ininterrumpidos llevarán a cabo actividades, proyecciones y conciertos, Djs, danza, performances... esto dicen.
¿Por qué viene tan mal la información en su página?: poj nolosé. Podemos jugar a ver quién encuentra más...
Algunas cosas (ahora en serio) parece que merecen la pierna.

miércoles, octubre 31, 2007

MARCO: ARTFUTURA 2007


'Reactable', nueva mesa de musica.
O pasado xoves comezou ARTFUTURA 2007 no MARCO, e quedará alí ata o devandeiro 18 de novembro. Votádelle un ollo a estas páxinas, porque hoxe o que non atende queda atrás macho.


Pulsade nas fotos e que aproveite o picoteo.

jueves, octubre 11, 2007

CLAUSURA DE MARCO SONORO


Especial Alg-a + Bianural
Vai rematar o ciclo de música e artistas galegos no MARCO. O venres este podemos oir a Durán Vázquez (Vigo) _electrónica, Cecilia Blanco e Estela Ballesteros (Vigo)_contemporánea, Manuela Barile e Rui Costa (Italia/Portugal)_performance_electrónica e Madamme Cell (Vigo) _contemporánea. Aquí ténde-la información precisa, podedes pinchar en Alg-a ou no Sinsal.
Que tamén sabemos falar de outras cousas que non sexan cerámica, ¿ou qué pasa?
Ah, aupa o kasTrApö..

jueves, septiembre 13, 2007

CARLOS OROZA Y ANTÓN LAMAZARES

Más información del MARCO
"Dende o departamento de Comunicación do MARCO, achegamos a invitación remitida pola editorial Raíña Lupa, con motivo da presentación do libro 'Un sentimiento ingrávido recorre el ambiente' (litografías de Antón Lamazares e textos de Carlos Oroza) que terá lugar mañá xoves 13 de setembro, ás 20.00 horas, no salón de actos."

lunes, septiembre 10, 2007

CONCURSO DE COMISARIOS

Siguiendo la costumbre de transmitir la mayor parte de la información que cae en nuestras manos, incluso aquella que no nos interesa directamente, sólo de refilón, os pasamos esta info del MARCO. Si no os interesa podéis pensar en algún colega al que sí le interese, ésta es la idea ("conecting people", ya os suena de algo).


"Lembrámosvos que ata o 5 de outubro de 2007 está aberto o prazo para a presentación de proxectos para a convocatoria do premio MARCO´07 para novos comisarios, II Concurso para a realización dun proxecto expositivo no primeiro andar do MARCO. Pódense presentar os/as comisarios/as nados/as a partir do ano 1969, inclusive. Os proxectos que concorrán deberán ser inéditos e contemplar, a participación, de dous ou más artistas."
Más información aquí (pincha).

MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo Príncipe, 54 36202 Vigo (Pontevedra) Tel. +34 986 113900/11

miércoles, enero 31, 2007

CONFERENCIA: Gerardo Mosquera



"ARTE, CIUDAD Y BIENALES: La Habana, Panamá, Liverpool". Mañá xoves, 1 de Febreiro, as 20 horas na Casa das Campás, Rua de Don Filiberto 9-11 (detrás do edificio do Concello de Pontevedra) 36002 Pontevedra.

Gerardo Mosquera é crí­tico, comisario e historiador da arte. Curador adxunto do New Museum of Contemporary Art, Nueva York. Asesor da Academia de Belas Artes do Estado de Holanda. Membro dos consellos editoriais de varias revistas internacionais. Fundador da Bienal de La Habana. Recibíu a Beca Guggenheim, Nueva York, en 1990.

Entre as súas últimas exposicións:

Liverpool Biennial International 2006; "Cordially Invited", BAK y Museo Central de Utrecht, 2004

"Panorama da Arte Brasileira (Desarrumado). 19 Desarranjos", Museu da Arte Moderna, Sao Paulo, 2003, MARCO, Vigo, 2005

"No es sólo lo que ves. Pervirtiendo el minimalismo", Centro Reina Sofí, Madrid, 2000

"Cildo Meireles", New Museum, Nueva York, 1999.


Organizou e participou en numerosos simposios internacionais. Publicou máis de 600 ensaios e artigos en moitos paí­ses. Entre os seus últimos libros: ciudadMULTIPLEcity. Urban Art and Global Cities: an Experiment in Context, Amsterdam, 2005; Over Here. International Perspectives on Art and Culture, Cambridge e Londres, 2004; Beyond the Fantastic. Contemporary Art Criticism from Latin America, Londres, 1995; Contracandela, Caracas, 1995.