A pasta é Cosa Nostra!
Pasta ao ovo especial para
modelado de alta calidade. Pasta ben polivalente e apreciada pola súa finura,
plasticidade e regularidade. Destaca a súa compensada proporción de ovo que lle
confire maior estabilidade respecto das pastas de paquete, presentando ademáis
un coeficiente de dilatación idóneo para a monococción. Temperatura de cocción
recomendada: 100ºC.
Ref.
|
Humidade % aprox.
|
Descrición
|
Presentación
|
O Tinglao
|
60
|
Pasta all’uovo
|
Raviolone (ravioli de grandes
dimensións)
Tortelli (tortellini grande)
|
Programa:
Traballaremos e estiraremos a pasta co espesor
axeitado para a elaboración de Raviolone e Tortelli, chegando mesmo á
traslucidez dos materiais. Os asistentes deberán vir provistos de rodillo e
unha folla da prensa local.
Realizarase unha cocción colectiva que, unha vez
finalizada, poderá ser degustada con barbotinas ligeras de salvia e tomate e
acompañadas, coma non, dun bo viño.
A pasta é Cosa Nostra celebrarse en O Tinglao, Seara nº 16-18 interior....o sábado 21 de septembro,
entre as 10:00 e 14:00h
Precio por asistente: 30€
Imparte: Bernardo Zilletti coa colaboración de
Marta Miñambres.
tinglao.obradoiro@gmail.com
tinglao.obradoiro@gmail.com
3 comentarios:
???????????????????
ÑAMMMM...!!!!
Bravo
Pasta gansa
Per tuti.
o cacique roxo
Publicar un comentario