miércoles, abril 10, 2013

LA MESA DE ALFAR



O vindeiro sábado, 13 de abril ás 21 h, Emilia Guimeráns pon a Mesa de Alfar (rúa Hernán Cortés 4, Vigo). A exposición pódese visitar ata o 14 de xuño.
Para presentar esta exposición nada mellor que as palabras do que fora o seu profesor de cerámica artística, Miguel Vázquez:

"Comeza unha nova tempada na Mesa de Alfar, e xa van tres. Para celebralo a encargada de poñer a mesa será Emilia Guimeráns, cunha dilatada relación co material cerámico que vai dende a escultura á docencia, pasando, entre outras propostas, pola realización de pezas de autor para uso cotián –faceta que nos ocupa nesta ocasión–.
Xa a finais dos 80, Emilia, investigaba a relación entre a forma e a función, vestindo as súas pezas con suaves gradacións tonais. En periodos mais recentes, o seu interese derivou cara a formas máis xestuais, onde a impronta do momento tiña un papel importante; a pel volvíase informalista, ás veces próxima ao Tachismo, con cores vivas e impredicibles, que nunca nos deixaban de sorprender. 
Para esta mesa, Emilia Guimeráns, propón unha reflexión sobre a beleza, a función e a sinxeleza. Atreveríame a dicir "sobre a difícil relación entre Arte, Artesanía e Industria", para o que desposúe as súas formas racionalistas de todo accesorio superficial, nun intento de chegar á esencia; as superficies conxugan o neutro e o primario, nunha sorte de desnudez case espartana –para o que nos ten afeitos–. Só quédanos agradecerlle que se reinventase unha vez máis, difícil tarefa cos tempos que corren".
                                                                                                               Miguel Váquez  
(Mestre de Cerámica Artística na Escola de Artes e Oficios de Vigo)

2 comentarios:

calamar dijo...

Bravo!!!

Unknown dijo...

Puff..., ¡Qué chulada! ; cuanto me queda por aprender! !. R