miércoles, enero 04, 2012

V XORNADAS AUDIOVISUAIS sobre CERÁMICA


Comezamos o ano poñendo a programación das V Xornadas audiovisuais sobre cerámica. Este ano o lugar de proxección farase no concello de Nigrán, no centro Antena a partir das 19:00 h.
Como sempre se buscou unha programación que abranga diferentes angulos da ceramica e a plastica en xeral,técnicos, biográficos, historicos e como non un pouco de humor.
Non o perdades púxose esforzo e cariño.
DISFRUTADEO

PROGRAMACIÓN

23 de Xaneiro do 2011

UNTO THY LAND


Ano : 2007
Duración : 60 minutos

Á túa terra é un documental sobre un home e un lugar, un escultor e a terra que o nutre. É unha viaxe de descubrimento de historias ocultas e non reveladas das civilizacións que viviron ao longo dos anos na rexión de Laquis, Israel, a súa terra natal.


16 de febreiro do 2012

¿ QUE TIENES DEBAJO DEL SOMBRERO ?


Directores : Lola Barrera -Iñaki Peñafiel
Ano : 2006
Duración : 75 minutos

'¿Que tes debaixo do chapeu'? conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional logo de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é sordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá gemela, Joyce, sen discapacidad, é o detonante dunha película que viaxa ao Creative Growth Art Center en California e descobre a outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte.

20 de Marzo do 2012

LA ALFARERIA DE NIJAR


Director : Matthew Weir
Ano : 2009
Duración : 49 minutos

Un documental sobre a cerámica de galena (plomo ) que se realiza en Nijar , os irmáns Gongora cóntannos as caracteristicas desta alfareria,a súa tecnica ,a evolucion e a historia.

ALFAR MUDÉJAR siglo XXI


Dirigida : Fernando Malo
Ano : 2009
Duración : 25 minutos

Alfar Mudéjar século XXI mostra a modo didáctico as diferentes fases da arcilla, as técnicas utilizadas e os procesos de restauración. O proxecto é un paseo pola historia da cerámica na arquitectura mudéjar.
Faranos recordar a importancia da artesanía do barro, de todas as artesanías, da man do home unida aos seus sentimentos, da importancia das cousas sinxelas e próximas, do paso do tempo vivido, da aprendizaxe transmitida de xeración en xeración. O noso Alfar, o noso Mudéjar e o noso século XXI tratan de unir a tradición, a historia e a modernidad.

25 de Abril do 2012

TOUGEI NO MORI


Dirigida : Violette Fassbaender

Ano : 2000

Duración : 40 minutos

Arnold Annen descóbrenos neste video os seus segredos técnicos á hora de traballar a porcelana.

10 de maio do 2012

MALFORMANCE PERFORMANCE


Dirigida : Tomislav Gregi.

Ano : 2007

Duración : 4 minutos

Unha historia sobre a aparición do mal coa axuda de moitos líderes ao longo da historia feita de arcilla.


KAMASUTRA


Dirigida : Lyonel Kouro

Ano : 1995

Duración : 50 minutos

O titalo diceo todo

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Adiante compañeiros a NIGRAN a polo disfrute ceramico.Saudos DUAS TESTAS.

Anónimo dijo...

¿As xornadas están abertas a todo o público ou só son para persoas relacionadas cas Escolas?

Un saúdo!

Anónimo dijo...

As xornadas audiovisuais están abertas a todo o pùblico.
Saúdos