Verónica Pérez Torres é outra das novas propostas que aportan interese ao panorama da cerámica no noso país (no nome de Galiza), e que ben podería ter unha proxección máis internacional. Posúe un imaxinario maduro que rescata as formas alegóricas da fantasía para retratarnos, e amosarnos, como grupo e como individuo, con certa ironía pero con comprensión, como nas fábulas.
A galería a+b presenta dende o pasado sábado 10 de decembro, e ata o próximo 5 de xaneiro, esta mostra en A Guarda.
Máis información en www.artebronce.com/galeria
1 comentario:
Adelante compañera, nos gusto mucho.Un biko duas testas.
Publicar un comentario