viernes, agosto 12, 2011

FEIRA MERCADO DE PRODUCTOS TRADICIONAIS en VIGO


Agora que xa estamos mergullados no verán, FEIRA presenta unha proposta axustada ás condicións climatolóxicas da estación, ao aumento do tempo de lecer dos cidadáns e ao ambiente xeral dunha urbe lista para disfrutar dos longos días de agosto e das súas agradables noites.

Coincidindo coas festas da cidade, FEIRA trasládase nesta ocasión ao sábado 13 de agosto.

- Pola mañá, no seu horario de sempre de 11:00 a 14:00, FEIRA contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos: verduras e hortalizas, froita, queixos, pan, conservas, empanadas e repostería.

- Pola tarde, en horario de 19:00 a 22:00, presentaranse propostas artesanais de alto valor engadido. Por unha banda, os produtos cun marcado carácter tradicional, e por outra, os deseños mais actuais, con propostas de artesáns de recoñecido prestixio en Galicia. Está xa confirmada a presenza de artesáns de cestería, tornería en madeira, xoiería en prata, cerámica.

O mercado engade unha ruta de tapas e concertos mais información pinchar eiqui.



No hay comentarios: