A SESIÓN DE CONTACONTOS DE MAÑÁ VENRES EN LIBROS PARA SOÑAR TRASLÁDASE AO ESPAZO EMAO NA CLAUSURA DA MOSTRA "SOÑOS ILUSTRADOS"
Mañá venres, 10 de xuño, clausúrase no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo a mostra "Soños Ilustrados: KALANDRAKA, 12 anos de álbum galego", na que se exhibe a obra de dez artistas plásticos cuxos traballos foros publicados en formato libro pola editorial especializada en literatura infantil e xuvenil: Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva. Por este motivo especial, a sesión habitual de contacontos que se celebra cada venres en LIBROS PARA SOÑAR a partir das 18:30 horas, vaise trasladar excepcionalmente ao Espazo EMAO, onde se van narrar algúns dos relatos cuxas ilustracións orixinais se expoñen nesta sala.
LIBROS PARA SOÑAR: Triunfo, 1. Vigo | Tlf. 986 43 37 68 | lps@kalandraka.com
MÁIS INFORMACIÓN, NO BLOG DE KALANDRAKA: http://www.kalandraka.com/blog/2011/06/02/ultimos-dias-da-exposicion-sonos-ilustrados-no-espazo-emao/
No hay comentarios:
Publicar un comentario