O vindeiro luns, 18 de abril ás 19.30h presentamos na Casa galega da Cultura (Pza. da Princesa, nº2, Vigo) o libro Laxeiro, os escritos de Don Ramiro. Unha publicación que, por primeira vez recolle un total de 116 textos, dos que 83 son inéditos, asinados por Don Ramiro, o heterónimo utilizado por Laxeiro na súa faceta de escritor. Un coidado traballo de edición que descobre unha sensibilidade para os textos poéticos e reflexións persoais, ratifica unha grande imaxinación para a fabulación e unha actitude indepdendente e crítica nos seus textos sobre arte.
No acto participarán:
Xesús López Carreira. Presidente Delegado da Fundación Laxeiro, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo
José Manuel Figueroa Vila. Vicepresidente da Deputación de Pontevedra
Marcela Santorum. Colaboradora do Faro da Cultura.
Carlos García – Suárez Otero. Director Xeral da Fundación Laxeiro e neto do artista.
Javier Pérez Buján. Editor da publicación e Director Artístico da Fundación Laxeiro
1 comentario:
Si tedes oportunidade de conquerir
o libro "Laxeiro,os escritos de Don Ramiro" non o dubidedes e unha autentica delicia.
Grazas Javier polo traballo.
o cacique Roxo
Publicar un comentario