domingo, septiembre 05, 2010

FEIRA MERCADO DE PRODUCTOS TRADICIONAIS


que hai compañeir@s!!!

xa empeza o curso e aparecen novas actividades para aderezalo,...polo que sei en principio son 8 stands mais ou menos tradicionais pero hai cabida polo menos nun deles para algo mais contemporaneo,..o mellor temos que coller ese entre varios..se alguén lle interesa non se olvide de enviar fotos para que os do cat sepan de que vai o que imos a mostrar.

salutes, xosé....
que rule.

Estimados artesáns e productores

O día 11 de setembro de 2010 comeza en Vigo FEIRA, un Mercado de Productos Tradicionais Galegos que se desenvolverá todos os primeiros domingos de cada mes no Paseo de Alfonso.

De caráter gratuíto, FEIRA está organizada polo CAT Centro de Artesanía Tradicional (institución dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo) para converterse nun punto de encontro de venta de productos marcados pola tradición e a ecoloxía ou denominación de orixe.

Toda a información sobre o evento a tedes en documento anexo ou pinchar aqui agradecéndovos que difundades este mail entre compañeir@s e asociad@s ou colectivos que consideres lles poda interesar.

Dende o CAT, cremos que esta iniciativa será todo un éxito de público, ao poñer a disposición da cidadanía un producto que na actualidade conta cun mercado en aumento pola súa compoñente tradicional e ecolóxica.

Os artesáns e productores interesados só tedes que preinscrivirvos, e unha vez recibidas as solicitudes o CAT fará unha selección (tendo en conta os obxectivos de FEIRA) e un reparto de stands ao longo do ano entre os diferentes productores e artesáns.

Sen mais, recibide un cordial saúdo

Manuel Estévez Caride
Coordinador do CAT

Un saúdo
Enviado por Xoubhiña

No hay comentarios: