lunes, marzo 30, 2015
ESCUELA de CERÁMICA NIGRÁN
Informaros que después de mantener una reunión los alumnos de la escuela de cerámica de Nigrán con el alcalde, informan que la comunicación con el alcalde ha sido cordial y en la que ha quedado clara la intención del ayuntamiento de consolidar la continuación de la escuela que en ningún momento a estado en riesgo de desaparición, sino que el compromiso es de mejorar los servicios de la escuela así como otros proyectos en los que están trabajando para ampliar la oferta cultural del ayuntamiento.
Los malos entendidos sobre este tema han sido consecuencia de una escasa comunicación que ha traído como consecuencia una serie de especulaciones, que con esta reunión se han aclarado , para la tranquilidad de todos.
Os desearos a todos una buena Semana Santa.
jueves, marzo 26, 2015
4 - TRAYECTORIA OBRADOIRO CERÁMICA NIGRÁN
No ano 2002 a escola sofre outro
traslado, sendo este nova emprazamento na escola-obradoiro de formación do
concello na rúa Paradellas. Neste novo emprazamento as instalacións non reunían
as mellores condicións para o traballo, ainda asi a actividade non
paraba, nese mesmo ano decídese organizar o I encontro Internacional de
Cerámica, concello de Nigrán co nome Japón cerca de Ti.
O I encontro trataba de ter seis
talleres de diferentes técnicas traballando ao mesmo tempo. Isto quere dicir
que 100 persoas, sen contar o persoal docente e de organización, estarían
traballando xuntas.
Os talleres que se impartiron
foron os seguintes:
Rakú de alta temperatura, por
Sonobe Genya.
Mobiliario cerámico, impartido por Atshuko Ito
Ikebana contemporaneo, por Iesaka Ruriko
Coccións alternativas, por Wali Hawes.
Obxectos de uso en porcelana, impartido por Uga Kazuko
No ano 2003 Netty Van Den Heuvel,
escultora ceramista holandesa, explicou parte do proceso que ela aplica para
poder realizar as esculturas tan intricadas que realiza.
Joan Serra e Mia Llauder
O
24 de abril do 2003, estes ceramistas cataláns falaron de toda a actividade que
eles andan a desenvolver dende cataluña para dinamizar o mundo cerámico
realizando a súa obra persoal, dirixindo as escolas de cerámica de Mataró
“Ixio” e a escola municipal de Argentona. Son os grandes colaboradores do museo
do Cantir e organizadores da Fira de Argentona.miércoles, marzo 18, 2015
UN HOMBRE CUALQUIERA
Holaaaaa! ! Este sábado 21 de Marzo a las 22:00 si os apetece. En Master Club c/Urzaiz n1 Interior: "Un Hombre Cualquiera" Estreno del cortometraje con tres pases hasta las 00:30 en sala 1 y algo de picar y música en sala 2.
Ver "Un Hombre Cualquiera Trailer" en YouTube - Un Hombre Cualquiera Trailer: https://youtu.be/HyOtufB5i_U
3- TRAXECTORIA OBRADOIRO CERÄMICO NIGRÁN
No mandato do concelleiro de cultura do concello de
Nigrán don Rosendo García Pérez propuxéronse novos enfoques que enriqueceron
dunha maneira decisiva a programación, e que foron estudados, debatidos e
finalmente aprobados nunha xuntanza polo alumnado, decidíndose organizar
actividades complementarias á dinámica cotiá da escola, quedando as seguintes
cuestións á marxe do transcurso normal da escola.
PROMOVER E DAR A COÑECER O MUNDO DA OLARÍA
OLARÍA DE GUNDIVOS
O 13 de Novembro do 1997 Obdulia Campoverde deleitou a todos os presentes co seu bo facer contando a historia desta olaría, que é a máis ancestral de Galicia, e amosou as distintas tipoloxías e utilidades que se fan e se facían en Gundivos.
OLARÍA DE MEDER
Impartido
polo ceramista escultor Miguel Vázquez.
CONSTRUCIÓN DUN FORNO DE PAPEL
PROMOVER E DAR A COÑECER O MUNDO DA OLARÍA
OLARÍA DE GUNDIVOS
O 13 de Novembro do 1997 Obdulia Campoverde deleitou a todos os presentes co seu bo facer contando a historia desta olaría, que é a máis ancestral de Galicia, e amosou as distintas tipoloxías e utilidades que se fan e se facían en Gundivos.
OLARÍA DE MEDER
O 13 de Febreiro do 1997 José Añón ensinou as orixes
da súa olaría que esta preto das Neves (Pontevedra) e que moitos recoñecen por
ter a cor mel e o fondo afumado.
OLARÍA DE BONXE
O 8 de Novembro do 2001 Indalecio
Lombao, un dos últimos oleiros de Bonxe, vital e
entusiasta aos seus 80 anos,
desbordou mestría no seu facer, aderezado con todas as historias
vividas.
OLARÍA DE NIÑODAGUIA
Agustín Vázquez explicou tamén a
súa historia. A problemática que andan a vivir as olarías
nestes días, onde
teñen que convivir con esta sociedade competitiva e globalizante.
OLARÍA ANTONIO SARMIENTO.
Antonio Sarmiento deu unha visión
máis contemporánea do traballo co torno, el non é un
oleiro ao uso xa que non
ten tradición, como é o normal nas olarías tradicionais, pero el
amosou a gran
paixón que sente polo traballo realizado co torno dende outra perspectiva
máis
moderna, realmente estimulante para todos os asistentes.
REALIZAR CURSOS MONOGRÁFICOS.
Impartido por Manuel Losada que
foi o mestre moldista da fabrica de Sargadelos.
No
ano 1999 todos os alumnos da escola de cerámica participan na construción
colectiva dun
mural cerámico, forrando unha das paredes exteriores do taller.
CONSTRUCIÓN DUN FORNO DE PAPEL
No ano
2000, codirixido por Miguel Vázquez e Emilia Guimeráns, durante dous días e coa
participación de todos os alumnos construíuse un forno de papel no que
colaborou o colexio
publico de Vilameán deixando as súas instalacións para
poder realizalo.
COCCIÓNS ALTERNATIVAS.
No ano 2001 realizouse durante unha semana un
monográfico sobre coccións alternativas
impartido polo ceramista hindú Wali
Hoves.
DIÁLOGOS CON PROFESIONAIS DO MUNDO DAS ARTES
Considerábase interesante
convidar a persoas relacionadas co mundo da arte para ter unha
visión aberta e
máis rica na linguaxe plástica, relacionadas coa cerámica ou con outras
disciplinas artísticas, o que resultou unha proposta ben acertada xa que os
alumnos
agradeceron os esforzos, pois non é fácil ter contacto con estas
realidades na comarca de
Nigrán
Foron invitados os seguintes:
Elena Colmeiro
O 10 de abril do 1997, a artista galega Elena
Colmeiro falou sobre as motivacións e
inquedanzas da súa creatividade.
Miguel Vázquez
O 5 de febreiro do 1998, Miguel Vázquez deu unha
charla-coloquio sobre “Terras, lugares e
claves”.
O 12 de marzo do 2002 a artista
Belga Beatrijs Lauwaert transmitiunos a súa visión sobre as
artes, sendo ela
unha artista multidisciplinar.
O 28 de febreiro o pintor e
escultor Fernando Casas falou sobre a súa obra.
María Jesús Sarmiento.
O
2 de marzo do 2000 Mª Jesús Sarmiento, escritora e critica de arte, falou sobre
“Un
movemento internacional. Expresión artística da cerámica “.
(E seguiremos na proxima entrada)
viernes, marzo 13, 2015
2- TRAXECTORIA OBRADOIRO CERÁMICO NIGRÁN
O novo emprazamento (A Porqueira) permitiu
programar outras actividades que rachasen coa dinámica cotiá do obradoiro. Así,
a concelleira de cultura dese momento, dona Elisa Montero, impulsou e facilitou
o I encontro cultural galego-portugués, no que se practicou durante unha semana
a técnica do Rakú, de orixe xaponesa.
Ese
evento vénse celebrando ininterrompidamente dende hai 25 anos, sendo a
escola-obradoiro de Nigrán a máis antiga en Galiza e unha das pioneiras en
practicar e dar a coñecer esta técnica, consolidándose xa como unha técnica
recoñecida dentro do estado español como “Rakú segundo Nigrán.”
Esta
semana do Rakú concello de Nigrán é hoxe en día unha realidade debido
fundamentalmente á boa acollida que tivo esta técnica milenaria tanto polo
alumnado da propia escola como por outras persoas alleas á mesma, relacionadas
ou non co mundo da cerámica, que engaiolados pola vistosidade, inmediated,
liberdade e o espírito de colaboración que implica para poder levala a cabo,
foron creando un punto de referencia sólido para todos aqueles que colaboran
con grande entusiasmo e se achegan a esa celebración cada ano.
A
este novo impulso do obradoiro engadíuselle outra necesidade lóxica dentro dun
bo desenvolvemento, resultando que o forno quedaba pequeno para o número de
xente inscrita. Co que os alumnos mais a profesora expuxeron o problema ao
concello, o cal despois de estudar a necesidade mercou no ano 1996 un novo
forno de 180 litros, un torno de oleiro eléctrico (nese momento a escola
contaba con 3 e agora nestes momentos conta con 8 tornos, o que permite
impartir clases de olaría, xa que ten moita demanda) e unha cabina de
esmaltado (imprescindible para
pintar con pistola de aire).
martes, marzo 10, 2015
1-TRAXECTORIA do OBRADOIRO CERÁMICO de NIGRÁN
Como pode ser que isto este ocurrindo en pleno seculo XXI ?
Que unha escola-obradoiro como a do concello de Nigrán siga transumante e cun gran risco de desaparecer despois da sua larga e fructifera trayectoria ?
O mellor e ir desgranando parte da sua historia para os que non a coñocedes e sacade vos mismos as vosas conclusións.
Escomencemos polos inicios.
( Portada do catálogo editado na celebración dos 10 anos facendo Raku na escola)
Que unha escola-obradoiro como a do concello de Nigrán siga transumante e cun gran risco de desaparecer despois da sua larga e fructifera trayectoria ?
O mellor e ir desgranando parte da sua historia para os que non a coñocedes e sacade vos mismos as vosas conclusións.
Escomencemos polos inicios.
( Portada do catálogo editado na celebración dos 10 anos facendo Raku na escola)
Nigrán
é un concello que conta cunha estreita relación co material cerámico dende os
inicios da súa historia, proba disto é a rúa chamada Telleiras, a zona
denominada As Barreiras, a cheminea que se conserva no que é agora o recinto do
cámping. E recentemente sabemos que nos tempos dos romanos había xa actividade
cerámica grazas aos últimos descubrimentos arqueolóxicos nos que se atoparon
restos dun obradoiro cerámico da época romana que nos indica que nesa área
traballábase a cerámica e como consecuencia de todo isto dedúcese que Nigrán
conta cun solo rico en arxilas e na manufactura da cerámica.
A escola-obradoiro do concello de
Nigrán abriu por primeira vez as súas portas polo ano 1983. Nesas datas a
concellaría de cultura estaba dirixida por D. Humberto Juanes Fidalgo, que foi
a persoa que puxo en marcha unha iniciativa moi necesaria para a comarca do Val
Miñor: Dinamizar a vida cultural e de lecer.
Entre
os proxectos postos en marcha por D. Humberto Juanes estaba o do obradoiro de
cerámica situado na súa primeira andaina na antiga escola unitaria de Vilameán.
Os mestres ceramistas encargados
de darlle vida a este proxecto foron Miguel Vázquez e Manolo Lagoa, que
impartiron aulas tanto en Nigrán como en Camos. Daquela contábase con moi
poucos medios para traballar, só algúns pauciños de modelar, algúns pupitres
cedidos polo C. P. Vilameán que aínda hoxe se seguen a utilizar, e instrumentos
básicos de traballo, pero o que non faltaba sen dubida era unha gran dose de
ilusión e entrega a ese proxecto.
Dous
anos máis tarde, e debido á gran participación popular que houbo no obradoiro,
o goberno municipal considerou oportuno mercar un forno de cerámica de 50
litros. O que supuxo o primeiro avance importante para o posterior desenvolvemento
do obradoiro, xa que o forno é o cerne dun obradoiro onde se traballan as
arxilas.
En
1987 Miguel Vázquez e Manolo Lagoa deixaron de impartir aulas no concello de
Nigrán pero hai que dicir que estes dous grandes profesionais seguen a estar estreitamente
vinculados á escola de cerámica, Manolo Lagoa dende París e Miguel Vázquez
dende a Escola de Artes e Oficios de Vigo, mantendo así unha relación de
irmandade en beneficio principalmente dun oficio e unha arte tan antiga pero
tan contemporánea como é a linguaxe cerámica e que precisa de todos os esforzos
para devolver a este material, tan enraizado á historia do home, o lugar que
lle corresponde, esquecido nalgúns lugares pola ignorancia e a desidia.
En
1988, Emilia Guimeráns toma o relevo do traballo feito polos seus colegas
atopando un espazo moi reducido en proporción co número de persoas inscritas no
obradoiro, sendo os propios alumnos os que solicitan ao concello o traslado a
un lugar máis amplo. O goberno político dese momento considerou a proposta
recolocando a escola no barrio da Porqueira, onde había unha antiga unitaria
escolar. Malia o novo emprazamento da escola ficar un pouco afastado do centro
urbano, non supuxo ningún impedimento aos intereses das persoas; todo o
contrario, o novo espazo ofrecía luz e sobre de todo un pouco máis de
amplitude, estando nun barrio tranquilo onde a veciñanza sempre colaborou de
forma xenerosa.
Estes son os inicios, nas seguintes entradas seguiremos contando..........